Cargando resultados...
A policía francesa dispara e mata dúas persoas nun coche que circulaba a contramán
O incidente produciuse cando un coche que ciculaba en dirección prohibida chocou contra os axentes

G24.gal
25/04/2022 08:30
Tras o anuncio da vitoria de Macron, a policía disolveu unha manifestación no centro de París que protestaba contra a reelección do presidente.
Organizacións anticapitalistas convocaran as concentracións antes de saberse o resutado para protestar tanto se repetía Macrou como se gañara Le Pen.
Noutro incidente, que non está claro que estea relaccionado coa vitoria de Macron, dúas persoas faleceron e outra quedou ferida nun enfrontamento coa policía. O incidente produciuse cando un coche que ciculaba en dirección prohibida chocou contra os axentes.