Publicador de contidos

Contido con Temática Artes escénicas .

Publicador de contidos

Contido con Temática Artes escénicas .

Artes Escénicas

Esther Carrodeguas é protagonista dun Foco no Teatro Principal de Santiago

Esther Carrodeguas: "Tiña unha necesidade poética de falar da gordofobia"

21/05/2024 13:52

"O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada" é unha obra de autoficción de Esther Carredeguas

'Rapadas' é unha investigacíón escénica que parte das mulleres rapadas tras a guerra civil

Etiquetas:  ZIGZAG

Superheroes a bordo da Utópica rodante de Teatro ó Cubo con Iván Fernández

20/05/2024 15:26

Teatro ó cubo, a compañía de teatro formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal,  pon en escena un texto de Roi Vidal

𝘿𝙚 𝙑𝙞𝙡𝙖𝙩𝙧𝙞𝙨𝙩𝙚 𝙖 𝙑𝙞𝙡𝙖𝙡𝙚𝙜𝙧𝙚 é unha coprodución co Centro Dramático Galego para o seu corenta aniversario

Coa Utópica Rodante como escenario sobre rodas queren achegar o teatro aos municipios menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos

Etiquetas:  ZIGZAG

Iván Fernández: "Escenas do Cambio foi un lugar de transformación da dor, un espazo para a saúde"

06/05/2024 15:09

A creación galega estivo representada con pezas de Cris Vilariño, Diego M, Buceta, David Loira, Yuraq Walla e Emilio Horyaaans

Neste décimo Escenas do cambio con dirección renovada, a esencia do festival manifestouse a través de oito pezas site-specific que dialogarón entre elas 

Etiquetas:  ZIGZAG

Comeza a rodaxe de 'Así chegou a noite', terceira película de Ángel Santos

03/05/2024 15:00

Participada pola Televisión de Galicia, encádrase no novo cinema galego, e retrata a fraxilidade dun escultor que busca o illamento nunha zona rural da costa


Millo Vello, unha peza inspirada nos tempos lentos da natureza

03/05/2024 14:43

Millo Vello forma parte da programación do festival Escenas do Cambio 2024 en Compostela 

Na peza da compañía Ay Cariño!  participa Rafa Mallo, batería de Triángulo de Amor Bizarro 

Ay Cariño! estreará a súa seguinte peza WTF! a finais do mes de maio

Etiquetas:  ZIGZAG

David Loira: "Os tempos do nazismo non son tan afastados, a liberdade é algo moi fráxil"

03/05/2024 14:34

Con 'Blondi' David Loira parte da cadela de Hitler para tratar a dualidade entre a obediencia e o liderado

Loira traballou de guía turístico en Berlín e de aí a súa reflexiónb sobre o nazismo e a fraxilidade da liberdade

'Blondi' representarase mañá sábado, ás 17.30, na Cidade da Cultura ,en Santiago

Etiquetas:  ZIGZAG

Kirenia Martínez,  directora artística de Escenas do Cambio

Kirenia Martínez: "Queremos celebrar dez anos sumando en cada peza unha nova sensación"

02/05/2024 15:02

Na décima cita, a esencia do festival maniféstase a través de oito pezas site-specific que dialogan entre elas 

A creación galega estará representada con pezas de Cris Vilariño, Diego M, Buceta, David Loira, Yuraq Walla e Emilio Horyaaans

X Fesival de teatro, danza e arte en acción, Escenas do cambio, do 3 ao 5 de maio, Cidade da Cultura, Santiago 

Etiquetas:  ZIGZAG

Dani Trillo: "Partimos de ideas preconcibidas que os adolescentes nos desbotaron por completo"

30/04/2024 15:04

Dende un ton cómico TalíaTeatro quere falar de sexo, abrir a conversa e romper os silencios incómodos

A montaxe da peza incluíu obradoiros previos con adolescentes

Desexo estréase este venres en Boiro
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Javier Martín: "A tecnoloxía é un modo de elaborar o animal que somos"

29/04/2024 14:57

O novo espectáculo de Javier Martín chega o próximo de 3 de maio ao Teatro Principal de Santiago de Compostela

O punto impropio é un espectáculo inmersivo que mestura movemento, imaxe e son en tempo real

A peza estreouse en México e viaxará por diferentes puntos de Galicia, España e tamén por Asia

Etiquetas:  ZIGZAG

Eva Comesaña: "Nesta peza quixen bailar dende un corpo mudo"

26/04/2024 15:37

Perder a lingua é a nova proposta interdisciplinar da compañía Eva Comesaña

A obra indaga a relación poética entre o corpo, o territorio e a linguaxe 

Perder a lingua represéntase este sábado e o domingo na sala Ártika de Vigo 



 

Etiquetas:  ZIGZAG

Os grupos de danza da USC traen ao MIHL de Lugo o espectáculo 'Migracións'

26/04/2024 08:42

Por vez primeira participan na mesma producción os grupos de danza do campus de Lugo, de Santiago e do cuarto ciclo


Iván Fernández: "É unha reflexión sobre a ambición humana, e como iso nos deshumaniza"

22/04/2024 14:54

Os actos e as profecías é o espectáculo central da programación do 40º aniversario do Centro Dramático Galego

A montaxe, xestada ao abeiro do proxecto europeo Phōnē, está dirixida por Tamara Canosa e conta cun elenco de 20 intérpretes

Na montaxe hai novos intérpretes con grandes figuras do teatro galego e moitas referencias a historia da compañía pública galega

Etiquetas:  ZIGZAG

Elvi Balboa: "Para estar en paz preciso bailar"

19/04/2024 15:19

ANÖA, de Elvi Balboa, é unha viaxe coreográfica en tres fases, da premonición á liberación

A peza comeza nun mundo opresivo en que unhas botas, as jumping boots, simbolizan o que nos limita

Etiquetas:  ZIGZAG

Gonçalo Guerreiro, da compañía Elefante Elegane

Gonçalo Guerreiro: "O noso planeta é un xardín, pero tratámolo como unha fábrica da que sacar beneficio"

15/04/2024 14:44

Un momento precioso reflexiona sobre a emerxencia climática e o futuro sostible desde o teatro, a danza, acrobacia e a plástica

A obra evoca imaxinario simbólico do xardín e a representación onírica da Terra como lugar de refuxio e equilibrio

En escena, María Torres, Sofía Espiñeira, Eloi García, Julia Laport, Mario Rodríguez e Pablo Sánchez

Etiquetas:  ZIGZAG

Touriñán: "Primeiro temos que rirnos de nós para despois rirnos do mundo"

13/04/2024 11:30

Xosé Antonio Touriñán abre xira galega co monólogo Aquí Tou, un repaso humorístico da súa vida desde a súa posible concepción entre o millo

Aquí Tou estará proximamente en Pontevedra, Lugo ou Ferrol

A próxima semana chega aos cines +Cuñados, con Touriñán, Federico Pérez e Miguel de Lira

Etiquetas:  ZIGZAG

Tamara Canosa: "Quixemos indagar nas feridas que temos en común todas as artistas"

11/04/2024 14:41

Os actos e as profecías estréase hoxe no Salón Teatro de Santiago

A dramaturxia da obra corre a cargo de Tamara Canosa e Xacio Baño

A obra é a produción central do 40 aniversario do Centro Dramático Galego 


 

Etiquetas:  ZIGZAG

Fran Sieira: "As artes escénicas axudan a desinhibir e liberar estereotipos"

09/04/2024 12:59

Ceibe é unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición

Próximas datas de Ceibe: 12 de abril, en Ames; 26, en Vilagarcía; 27, en Narón, e o 3 de maio, en Lugo

Etiquetas:  ZIGZAG

Iván Fernández: "Ritmo trepidante nesta homenaxe póstuma, que é unha celebración da vida"

08/04/2024 14:46

Fran Núñez asina a dirección artística e a dramaturxia da montaxe Manuela is in da house

O espectáculo forma parte das actividades do 40º aniversario do Centro Dramático Galego

É unha coprodución co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional  São João do Porto

Etiquetas:  ZIGZAG

Esther Carrodeguas: "Era unha responsabilidade falar sobre un personaxe tan potente como Fraga"

05/04/2024 15:35

Esta sátira teatral continúa xira  ata xuño. A vindeira parada o 11 de abril no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Edicións Positivas publica Iribarne. Preséntase na libraría Eixo de Ourense o vindeiro martes 9 de abril.

Etiquetas:  ZIGZAG

Colectivo D'elas, existe algo máis ou só somos carne?

04/04/2024 15:20

O Colectivo D'elas está integrado por artistas con formación en danzas urbanas

É o primeiro espectáculo que este colectivo de creadoras novas presenta nun teatro

É difícil fotografar o baleiro, do Colectivo D'Elas. Venres 5 ás 20:30 h no Teatro Jofre (Ferrol)

  

Etiquetas:  ZIGZAG

Cristina Domínguez: "Na creación do teatro galego foi fundamental a dialéctica"

03/04/2024 13:30

Os episodios, que duran entre 40 e 45 minutos, están dirixidos por Tito Asorey, con Jairo Iglesias na edición audiovisual

Manuel Lourenzo, Xulio Lago, Eduardo Alonso, Luma Gómez, Candido Pazó, Luisa Escudero ou Rosa Álvarez participan na serie

Etiquetas:  ZIGZAG

Os 40 anos do Centro Dramático Galego

27/03/2024 11:50

A conmemoración coincide coa celebración do Día Mundial do Teatro

A creación do CDG anunciábase o 27 de marzo de 1984 

A estrea de Woyzeck inauguraba no verán a actividade da compañía

Etiquetas:  TEATRO

O Centro Dramático Galego celebra 40 anos de fogar da profesión teatral

26/03/2024 13:18

Un 27 de marzo, hai 40 anos, a Xunta tomaba a decisión de crear o Centro Dramático Galego

Catro décadas de traxectoria deixan xa máis de 100 producións e un resistente tecido cultural e humano

Etiquetas:  TEATRO

A obra 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, recibe o premio ao mellor espectáculo durante a gala de entrega dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, este xoves na Coruña (EFE / Moncho Fuentes)

'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, gran triunfadora nos Premios María Casares 2024

22/03/2024 08:16

A peza gañou sete dos nove galardóns a que aspiraba

A obra de Talía Teatro levou, entre outros, o premio ao mellor espectáculo, á mellor actriz para Marta Lado e á mellor dirección para Tito Asorey, compartido con Quico Cadaval por O auto do Castromil 

María Barcala foi recoñecida coa distinción de honra Marisa Soto

 


María Barcala: "O teatro axúdache a ver a vida desde outra perspectiva"

20/03/2024 12:49

A Asoc. de Actores e Actrices de Galicia premia a traxectoria da actriz, unha das fundadoras de Teatro do Atlántico nos anos 80

María Barcala pertence á xeración que impulsou o proceso de profesionalización do teatro en Galicia

María Barcala recibe este xoves 21 de marzo o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXVIII Premios María Casares, no Teatro Rosalía de Castro

 

Etiquetas:  ZIGZAG

Josito Porto e David Amor nun ensaio de 'Go Home'

'Go Home': Humor negro para falar da turistificación sobre ás táboas

20/03/2024 12:38

Go Home é unha comedia negra protagonizada por David Amor e Josito Porto

Go Home estréase mañá no Teatro Principal da Estrada e ten representacións esta fin de semana en Noia

Etiquetas:  ZIGZAG

Compañía Manekineko: "Hai cancións tristes ou alegres, pero todas son necesarias"

14/03/2024 15:00

Cancións amarelas, flores tristes. Primeiro espectáculo da compañía Manekineko

Unha peza sobre a fuxida adiante de personaxes á deriva nunha noite de karaoke

O texto foi escrito no programa Antzerkigintza Berriak 2020 de novas dramaturxias de Euskadi

Etiquetas:  ZIGZAG

Amparo Martínez: "A danza é a miña curación"

13/03/2024 15:26

Foi unha das primeiras coreógrafas da danza contemporánea en Galiza. En 1985 formouse na Nikolais Louis Dance Lab

Amparo Martínez foi primeira coreógrafa seleccionada para participar no 86 e diferentes certames de Madrid e Barcelona

Na actualidade está inmersa na difusión das pezas RetakeO noso e Ousar e o no proceso creativo de novas propostas

Etiquetas:  ZIGZAG

Fran Núñez: "O CDG existe para que as Manuelas Rey de hoxe non teñan que emigrar"

13/03/2024 15:19

Manuela Rey, estrela fugaz do teatro portugués, faleceu aos 23 anos e de inmediato foi convertida en lenda e esquecida pronto

Entregada de cativa a unha compañía teatral itinerante, chegou a a ser primeira actriz do  Teatro Nacional Dona María II de Lisboa

Manuela Rey is in da house: xoves venres e sábado no Salón Teatro de Compostela

Etiquetas:  ZIGZAG

Iván Fernández: "Chévere, con Helen Keller, crea algo novo na linguaxe teatral"

11/03/2024 14:52

En escena: Patricia de Lorenzo, Chusa Pérez de Vallejo e Ángela Ibáñez

É unha coprodución de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure

Representacións todo este mes no Teatro Valle Inclán en Madrid

Etiquetas:  ZIGZAG

Alba Felpete: "Con 'Donas' queremos celebrar a vida desde a feminidade"

06/03/2024 14:15

'Donas' é unha obra circular, próxima ao transo, que envolve o espectador creando un clima emocional aberto a todo

No espectáculo, nove bailarinas coa composición musical e deseño de son de Iain Armstrong

Esta fin de semana teñen representación no Teatro Jofre de Ferrol

Etiquetas:  ZIGZAG

Fran Sieira: "O xénero segue a invadir a forma de entender o baile tradicional"

29/02/2024 15:33

O espectáculo de danza Ceibe racha cos roles de xénero desde a danza tradicional

En Ceibe hai 9 bailadores no palco, con MounQup á fronte da composición musical

Estrea en Cangas o 2 de marzo e xira por Santiago, Vilagarcía, Narón, Lugo e A Coruña

Etiquetas:  ZIGZAG

A autoficción "sintetizada" de Cris Balboa no festival De corpos presentes

28/02/2024 15:04

Sinte un proxecto performativo que inclúe tres linguaxes: textual, musical e corporal e que trata de inducir estados de ánimo colectivos a través da música electrónica

Nas pezas performativas aborda temas cotiás con vontade de diversión e ironía

Sinte. Cris Balboa. 29 de febreiro ás 20 h en Acéfala, A Coruña
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Iván Fernández: "Roi Borrallas fai unha fonda reflexión sobre a soidade do actor"

26/02/2024 15:28

O espectáculo levou o premio Zirkólika a mellor espectáculo de Pallasos no 2022 e o premio ao mellor actor en FETEN 2023

Roi Borrallas reflexiona sobre o limbo que separa a persoa e o personaxe cun dominio total da mímica do seu corpo

Etiquetas:  ZIGZAG

Marcos Orsi, director, e Patricia Vázquez, actriz do espectáculo 'Monstros'

Marcos Orsi e Patricia Vázquez: "Queriamos indagar sobre os medos: se son propios, imaxinados ou inculcados"

26/02/2024 15:25

Monstros, cun texto de María Lado e Lucía Aldao, reflexiona sobre aquilo que consideramos monstruoso

A montaxe é unha proposta para público familiar, con música ao vivo e co humor como antídoto contra o medo

Próximas datas: 27 e 28 de febreiro, Forum Metropolitano, A Coruña, 2 e 3 de marzo, Sala Ártika, Vigo

Etiquetas:  ZIGZAG

Elenco da compañía Sarabela

'O dragón de ouro' de Sarabela reflexiona sobre a emigración ilegal e a prostitución

23/02/2024 14:52

É a primeira vez que se leva ao teatro galego unha peza do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig

O dragón de ouro conta coa colaboración do Instituto Goethe na tradución de Catuxa Pato

A obra en Ourense ata o domingo e despois xirará por Negreira, Narón, Celanova, Neda, Outes, Ribeira e A Cañiza

Etiquetas:  ZIGZAG

Antela Cid, actriz de 'Míticas secundarias'

Clásicas desfeitas II: Rebeldes ante a traxedia

22/02/2024 14:47

Míticas pero secundarias ten dúas partes: A infeliz felicidade e o prezo do aceite e Tres somos ti

É a primeira vez que Antela Cid amosa un traballo que describe como verdadeiramente seu

Míticas pero secundarias, Edificio Fontán da Cidade da Cultura, 23 e 24 de febreiro

Etiquetas:  ZIGZAG

Os Náufragos Teatro leva aos palcos a problemática dos eólicos

16/02/2024 15:00

Noso está ambientada nas mobilizacións do rural contra os parques eólicos

Mergúllase nunha historia familiar que examina as consecuencias das súas decisións

Estrean na Coruña esta fin de semana e logo xira por Santiago, Vigo e Lugo
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Xesús Ron: "O mito de Helen Keller non se corresponde coas ideas que ela tiña"

15/02/2024 14:55

Helen Keller, a muller marabilla?, ata o 25 de febreiro no Salón Teatro, Santiago

Sobre o escenario, Patricia Lorenzo, Ánxela Ibáñez e Chusa Pérez de Vallejo

A representación integra ao mesmo nivel o galego e a lingua de signos 
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Natalia Outeiro, 'Pajarito'

Pajarito: "Para ser pallasa hai que ter un nivel alto de aceptación do fracaso"

13/02/2024 13:48

O espectáculo é unha reflexión sobre os soños, a soidade ou loucura e unha volta a esencia da pallasa a través da ilusións e a poesía

Isolada da Cía, Natalia Outeiro 'Pajarito': este xoves, 15 de febreiro no Teatro Principal de Santiago

Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 255 resultados.