Gonçalo Guerreiro: "Non sabemos se temos a capacidade de cambiar o mundo, pero polo menos pensámolo"
Gonçalo Guerreiro: "Non sabemos se temos a capacidade de cambiar o mundo, pero polo menos pensámolo"
Elefante Elegante estrea 'Alta costura' o sábado no cine Alovi de As Pontes
É unha peza de linguaxe xestual sobre a industria ‘fast fashion’ que convida a reflexionar sobre o consumo de roupa
Baixo a dirección escénica de Gonçalo Guerreiro, protagonizan Sofía Espiñeira, Raquel Crespo, Pablo Sánchez e María Torres, a partir dun texto escrito por Tiago Alves Costa
Este sábado a compañía Elegante Elefante estrea nas Pontes a súa nova montaxe. 'Alta costura' é unha crítica irónica e poética á moda rápida, á sociedade de consumo, á contaminación ou ao recoñecemento social.
A peza dá unha especial importancia aos mecanismos de venda e á relación contemporánea que o gran público ten co acto de mercar e de tirar roupa. Trátase dunha creación de teatro de movemento que se detén detalladamente na industria 'fast fashion': a lóxica do mercado, as emocións vencelladas á necesidade de adquirir máis roupa e a rapidez con que os produtos son desvalorizados e se transforman en residuos altamente contaminantes.