Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bibopalula dá o salto da pantalla aos escenarios e estréase nos teatros galegos

Bibopalula dá o salto da pantalla aos escenarios e estréase nos teatros galegos

Catro paxaros, unha observadora e un tesouro… así é a adaptación teatral da serie musical infantil Bibopalula

Estreouse nos teatros cunha grande acollida entre os cativos e cativas de toda Galicia

G24.gal 08/06/2025 21:51 Última actualización 08/06/2025 22:27

Con ganas, así estaban os nenos e nenas xusto antes de ver Bibopalula, o espectáculo, unha adaptación ao teatro da serie musical que está dispoñible de xeito gratuíto en Xabarin.gal, pero como se levou a cabo esta adaptación?

"Partimos dos caracteres das personaxes, que se recoñezan, que falen coma eles e que teñan a maneira de relacionarse entre eles", comenta Marta Lado, a directora da obra.

Bibopalula traspasa deste xeito fronteiras e dá o gran salto das pantallas aos escenarios cunha das propostas teatrais infantís máis ambiciosas das últimas décadas… e a trama non deixa indiferente a ninguén.

"Catro paxariños, que son guiados polo señor Pombo e o señor Moucho e están encargados de atopar un tesouro. Entón, van pasando por unha serie de aventuras, conducidos por Ava Miramontes, que é unha observadora de paxaros", conta Cristina Andrade, unha das actrices da obra e que interpreta a Pegui.

A actriz Lidia Veiga lidera as aventuras da Banda do Bosque nesta obra de teatro infantil cargada de música, coreografías, luces e efectos especiais inspirados na serie que lle dá nome a esta produción que busca promover certos valores e propagar o galego entre os máis cativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade