Iria Sobrado: "Balboa faite partícipe das súas miserias dun modo moi punk, e habitas o seu tempo gozando"
Iria Sobrado: "Balboa faite partícipe das súas miserias dun modo moi punk, e habitas o seu tempo gozando"
'Roland mon amour' naceu dentro do programa de Residencias Dramáticas do Centro Dramático Nacional
É un monodrama coa axuda na dramaturxia de Alberto Cortés e no espazo escénico de Mauro Trastoy e Laura Iturralde
Balboa reflexiona sobre a identidade, o hedonismo, a precariedade do mundo da arte e o ecoloxismo
Hai tan só uns días Cris Balboa chegaba co seu novo espectáculo a Santiago despois estar en Madrid. En Escenas do Cambio presentounos 'Roland mon amour', unha peza de teatro musical, con humor a irreverencia que a caracteriza partindo dunha pregunta: Que é ser unha artista galega? E igual Iria Sobrado nos poida contar agora a resposta tras ir ver a peza.