A voz é "esencial" no teatro e tamén na vida cotiá, di o asesor de voz da Compañía Nacional de Teatro Clásico
A voz é "esencial" no teatro e tamén na vida cotiá, di o asesor de voz da Compañía Nacional de Teatro Clásico
O asesor de verso da Compañía Nacional de Teatro Clásico dá un curso en Lugo sobre voz, verso e palabra
Esta fin de semana está en Lugo Vicente Fuentes, asesor de verso da Compañía Nacional de Teatro Clásico e un experto, precisamente, no verso, na palabra e na voz. Ademais, é formador de actores como Javier Bardem, Blanca Portillo e Penélope Cruz.
Hai dez anos que este catedrático da Real Escola Dramática de Madrid dá cursos de formación na Escola Palimoco Teatro, creada por Paloma Lugilde. Nela asesora e instrúe novos actores sobre como usar a voz, a palabra e o verso.
Trata de transmitir o aprendido tras décadas investigando e formándose; tanto é así que é asesor de verso da Compañía Nacional de Teatro Clásico.
Pero tamén cre que a formación e a importancia da voz non debe quedar restrinxida ao mundo actoral, senón que xa hai que darlle importancia e coidala dende a nenez e na propia familia, dada a cantidade de "información" e "sentimentos" que nos transmite, segundo comentou.