Cris Balboa: "Ser artista galega é case non ser, tiro de ironía para soltar moito lastre"
'Roland mon amour' está coproducido polo Centro Dramático Galego e polo Centro Dramático Nacional
O espectáculo mestura son electrónico, acción escénica e movemento para convertelo nun acto de conexión íntima compartida
'Roland mon amour', este sábado 10 de maio no Salón Teatro de Santiago
"Obxectivo principal: que a miña audiencia non adormeza. Entón, podo optar por facer algo entretido para que o público non durma ou podo xerar un ritmo frenético ata provocarlles certa ansiedade".
Son os desexos dunha artista que se considera hedonista e que só quere que a xente o pase ben. Esa é intención de Cris Balboa, que este sábado, 10 de maio, presenta o seu novo espectáculo Roland Mon Amoure en Compostela dentro da programación do festival Escenas do Cambio.