Escenas do Cambio 2025 trouxo a Santiago artistas de catro continentes
O festival de teatro, danza e arte acolleu cinco estreas absolutas
Escenas do Cambio, o festival de teatro, danza, música e artes vivas que aposta pola creación escénica máis innovadora, invitou este ano, na súa décimo primeira edición, a reflexionar sobre o presente e a imaxinar futuros posibles.
Entre o xoves e este domingo congregou artistas de oito países e catro continentes, que trouxeron á capital galega quince espectáculos, que exploran formas novas de entender a escena contemporánea.
O festival acolleu cinco estreas absolutas. A última reservouse para o peche: O intanxible e o non mundo, un concerto-manifesto de Mercedes Peón en que a artista galega recupera documentos sonoros e visuais arredor das tocadoras e os seus lugares de reunión para falar da importancia da tradición musical galega e da influencia na súa obra.
Un traballo de vídeo-creación que a cantante e instrumentista presentou en liña de forma exclusiva e efémera, para verse apenas durante 24 horas na canle de Youtube da Cidade da Cultura.