Mariña Lestón: "É xusto contar as historias dos naufraxios aos que quedan na terra, para non esquecer"
Mariña Lestón: "É xusto contar as historias dos naufraxios aos que quedan na terra, para non esquecer"
'Costa da Morte, cartografía dun naufraxio' é unha proposta unipersoal coproducida polo CDG con dramaturxia de Mariño Lestón e Vanesa Sotelo
A peza é unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo
'Costa da Morte, cartografía dun naufraxio': 5 de xuño na Guarda; 6, no peirao de Arcade, o 7, Estaleiro de Ciprián de Outes
'O mar non ten amighos. O mariñeiro que pense que o mar ten amighos está equivocado, vai a paghar coa vida. Dighocho eu que estiven moitos anos debaixo da augha'.
Isto cóntao Manuel Tajes, o Rubio de Camelle, un mergullador de 72 anos que fala por boca de Mariña Lestón no espectáculo 'Costa da Morte, cartografía dun naufraxio'. Unha peza dirixida e interpretada pola propia Mariña, que desde que era nena ela escoitaba as historias de naufraxios que se contaban en Fisterra.
Agora crea este espectáculo que, ademais, vai percorrer toda a costa para contar en cantarlle ao público ao pé dos faros, dos peiraos ou das praias. A primeira cita desta xira é pasadomañá, o día 5 na Guarda.