Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manuel Rial lévanos ás termas de Bande e a Aquis Querquennis

Manuel Rial lévanos ás termas de Bande e a Aquis Querquennis

Visitamos os baños e o complexo romano

G24.gal 27/10/2026 10:18

En Bande, o que se ve alí, onde se baña a xente, son unhas pozas creadas sobre os muros, os restos do antigo balneario dos Baños,  de 1896, cando un empresario chamado Isidro Pérez Paz decidiu construír unha "Casa de Baños". No lugar hai como uns ocos, case da forma de sartegos, que eran antigas bañeiras. Iso quere dicir que as augas non se aproveitaron antes? Non. Sabemos que alí xa había unha pía grande onde se bañaba a xente centos de anos antes, coa intención de aproveitar as propiedades curativas das súas augas. Moi quentes por certo, roldan os 46º.  

Do campamento romano temos que pensar que un lugar que de primeiras pode parecer remoto, por estar situado entre montañas, pero naqueles tempos era todo o contrario. Unha das grandes autoestradas da Gallaecia, cruzaba o Parque Natural do Xurés. Trátase da Vía Nova, ou a 18. Ía de Braga a Astorga, entrando desde Portugal polo Xurés e dirixíndose despois cara a Maceda, Trives, Valdeorras, o Bierzo, onde se encontraban as famosas Médulas.

Aquis Querquennis era unha das mansio existentes nesta vía. É dicir, unha das pousadas, dos lugares onde pasar a noite nunha viaxe, oficiais. Esas pousadas, ademais de cuartos, cortes para os cabalos e o seu descanso, tiñan moitas veces termas. E neste caso existindo fontes naturais, e levando no propio nome seguro que as utilizaron.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade