Roberto Pascual: "A primeira violencia na muller é ter que ocultar a súa fisionomía para non ser violada"
Roberto Pascual: "A primeira violencia na muller é ter que ocultar a súa fisionomía para non ser violada"
A montaxe fala de temas como a violencia na trata de mulleres, as políticas migratorias ou a hostilidade social dos países de acollida
A obra é a ópera prima como dramaturgo de Roberto Pascual e foi galardoada en 2021 co Premio Rafael Dieste de textos teatrais
Alixa Ladson e Camille Hedouin protagonizan a peza, que se estrea este venres na Coruña
"Cantas pasaxes en forma de embarazos non desexados? Cantas pasaxes directas ao confinamento dos bordeis, dos prostíbulos europeos?".
Pasaxes coma as de Sophie, vítima da violencia da trata de mulleres, da invisibilidade das mulleres migrantes. Ela é personaxe protatonista de 'Sophie non é o meu nome de guerra', unha peza teatral escrita por Roberto Pascual e dirixida por Laura Míguez que se estrea este venres no Teatro Colón da Coruña. Unha obra baseada en feitos reais que narra a viaxe vital e xeográfica dunha migrante camerunesa.