Máis de 1.000 bailaríns participan no certame Vigo Porté
A gran final será o domingo, cun espectáculo con música en directo
Este ano aumenta o número de disciplinas en que se compite
Antes de que comece a competición, os bailaríns aproveitan unha das masterclass que se celebran no Vigo Porté. Un evento que cada ano ten máis sona.
Nesta edición, participan uns 1.000 bailaríns en sete categorías distintas dende o ballet clásico á danza urbana.
Lorena López, directora de Vigo Porté, explica que "cada vez había máis acrobacias na disciplina de fusión e decidimos meter a disciplina de "acro". E en musicais e bandas sonoras incluímos canto"·
Celébrase no Auditorio Mar de Vigo, onde chegan escolas de danza de toda a península e as bolsas que ofrecen mesmo cruzan o Atlántico.
"Temos moitas bolsas internacionais. Mesmo unha que contactaron dende Arxentina onde organizan un campionato mundial", destaca López.
A gran final será o domingo, cun espectáculo de apertura a cargo de 150 bailaríns e un coro en directo.