Cargando resultados...
Luís Piedrahita: "Tento usar a vivencia cotiá para falar dos grandes temas da humanidade"
O EMHU esgotou en horas as entradas das galas 'Humoris Causa' e 'Fantastic Colofón'. Estará no Cantón Grande da Coruña ata o catro de maio.
Os premios deste ano recaeron nos humoristas Eva Hache, Marta González de Vega e Franco Escamilla
A exposición 'Guonderful Forges. Los años de la esperanza' estará no Cantón Grande da Coruña ata a fin do EMHU
G24.gal
27/04/2025 11:30
Última actualización 24/04/2025 16:30
A risa libera endorfinas, fortalece o sistema cardiovascular, é analxésica, e mellora o sistema inmunitario. Así que o EMHU, o Encontro Mundial de Humorismo que se celebra na Coruña, ben podía ser recomendado pola Seguridade Social. Pero quen nolo recomenda é Luis Piedrahita, que ademais de ser un insigne coruñés é o director artístico do EMHU.