Publicador de contidos

Publicador de contidos

Kirenia Martínez Acosta: "Lostopía é o sentimento que tiña en relación coas artes escénicas sen emoción"

Kirenia Martínez Acosta: "Lostopía é o sentimento que tiña en relación coas artes escénicas sen emoción"

Nas estreas  'Velaiquich, Amoorch! do Colectivo D'elas, 'Baunsbak' de Elvi Balboa e 'O intanxible e o non mundo' de Mercedes Peón

Participan artistas de oito países: España, Alemaña, Australia, Bélxica, Corea do Sur, Cuba, Portugal e Suíza

XI Festival Escenas do Cambio, do 8 ao 11 de maio na Cidade da Cultura e Salón Teatro, Santiago

G24.gal 07/05/2025 15:12 Última actualización 07/05/2025 16:32

'Lostopía' é unha invitación para cuestionar, imaxinar e construír novos futuros a través da forza transformadora das artes escénicas e é tamén o título da décimo primeira edición do festival Escenas do Cambio que comeza mañá na Cidade da Cultura.

Unha edición que aposta por un encontro de voces e historias que debuxa o mapa das inquedanzas e dos desexos no tempo presente. Neste presente expandido, as artes borran os límites nunha programación que tamén se expande ata o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade