Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lidia Veiga: "Atráenme os proxectos raros, son moi instintiva na escolla de traballos"

Lidia Veiga: "Atráenme os proxectos raros, son moi instintiva na escolla de traballos"

A actriz protagoniza o espectáculo infantil 'Bibopalula', de Ainé, que se estrea no Teatro Colón o vindeiro 7 de xuño

Lidia Veiga está tamén na curta 'Hippocampus' de Xaime Miranda e 'Boca de asno' de Carlos Calvar que se estrean no Festival de Cans 

A actriz participa tamén en 'Tromso' de Morraoconto que, en xuño, estará no Galicia Escena Pro de Santiago 
 

G24.gal 20/05/2025 15:14 Última actualización 20/05/2025 16:34

"Calidade e versatilidade, capacidade para construír personaxes con profundidade e autenticidade mantendo como valor a lingua galega como fórmula de elaboración interpretativa e artística".

Isto foi o que dixo o xurado do premio de teatro Maruxa Villanueva da actriz Lidia Veiga, que este ano parece que se multiplica en proxectos e en premios. 

'Iribarne' conseguía esta anos nove premios María Casares e un deles para Lidia Veiga, que tamén gañou o Maruxa Villanueva pola mesma obra. Pero ademais estrea dúas curtas en Cans, está na nova montaxe de compañía Morraoconto, 'Tromso' e está a piques de estrear a versión escénica da serie infantil 'Bibopalula'. Desde logo un ano intenso e imaxinamos que ilusionante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade