Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o Festival de Cans con actividades no Porriño

Comeza o Festival de Cans con actividades no Porriño

Homenaxe a "Reisiño" e á memoria nos 22 anos do festival

No lugar conviven actores con novas promesas, maiores e rapaces
G24.gal 20/05/2025 20:12 Última actualización 20/05/2025 20:53

Converter unha aldea de menos de cincocentos habitantes nun plató de luxo é parte do éxito do Festival de Cans. Creado na súa localidade porriñesa por Alfonso Pato hai 22 anos.

No lugar conviven actores con novas promesas, maiores e rapaces, un ecosistema único.

Cans axiña escoitará o ruxir dos chimpíns. A actividade comezou este martes no centro da vila coa inauguración da mostra de "Reisiño": caricaturista, deportista e adestrador na vila.

Vinte e dous anos ten xa este carismático festival en que non hai zonas vips e pódeste cruzar con León de Aranoa, Sánchez Arévalo ou Tosar en cortes e corredoiras.

O festival que comezou como unha broma de amigos está xa máis que consolidado como lugar de convivencia entre as estrelas e os veciños de Cans e O Porriño.

Mención aparte o impacto social, económico e cultural dun certame marcado este ano pola memoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade