Contido coa etiqueta .
Vandalismo

Investigan o lanzamento de pedras a cinco vehículos desde unha pasarela sobre a AP-9 en Vigo
11/02/2025 14:17
Os coches sufriron danos nos cristais e na carrocería
Un dos condutores que denunciou os feitos resultou afectado polos cristais que lle saltaron nos ollos

Aparece decapitada a escultura do centro cultural da Seca en Cambados
05/02/2025 14:01
Os estragos no paseo do Esteiro de Tragove atribuídos a accións vandálicas son continuos

Abandonan un coche en Guísamo e días despois aparece completamente estragado
31/01/2025 14:25
A Garda Civil xa investiga os feitos
A veciñanza fala dun posible axuste de contas

Denuncian a aparición de pintadas no coche da alcaldesa pedánea de Bembrive
30/01/2025 15:27
O vehículo foi vandalizado cunha diana vermella cun punto no medio entre a porta do condutor e a traseira

Queixas pola inseguridade viaria nunha zona de institutos de Cangas
22/01/2025 14:36
Denuncian que xente nova sobe a esas zonas a facer derrapaxes e manobras perigosas
Piden un plan de seguridade viaria con mellor iluminación, pasos de peóns elevados e pintados e beiravías

Denuncian actos vandálicos contra o consulado de Venezuela en Vigo
13/01/2025 09:35
Este luns as pintadas xa foran borradas da vidreira
A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez reclama que se garanta a seguridade nos edificios consulares

Deteñen un home que intentou roubar nunha tenda de Lugo
18/12/2024 13:50
Varios viandantes evitaron que entrase no establecemento, conseguiron retelo ata que chegou a policía
Ao parecer a policía seguíalle a pista ao ladrón, que podería ter problemas mentais

Queiman colectores de lixo en Loimil do Carballo, A Estrada
17/12/2024 14:02
A veciñanza pide cooperación e vixilancia para frear os actos de vandalismo que se suceden nos últimos meses

A vella Panificadora de Vigo sofre constantes actos vandálicos
29/11/2024 14:26
O edificio industrial que cumpre 100 anos en 2024 está en estado moi precario

Rouban un desfibrilador instalado ao aire libre e estragan outro en varios puntos de Lugo
22/11/2024 13:59
Posto que os aparellos salvan vidas, dende o Concello fan un chamamento ao civismo

Veciños de Elviña, atemorizados por tres cuadrillas que ocuparon a praza Ramón Colmeiro
18/11/2024 12:41
Denuncian insultos, ameazas e enfrontamentos con persoas maiores, que demostran con vídeos
Piden a retirada dos bancos da zona para disuadilos e máis presenza policial

Uns vándalos pintan con spray a Ponte Romana de Ourense
18/10/2024 14:02
Piden máis protección para un dos tres símbolos da cidade
A Ponte Vella ten as súas orixes no século I como parte da Vía Nova

Un acto vandálico estraga as instalacións deportivas vedresas do Coto
08/10/2024 14:03
Papeleiras, un extintor e cristais apareceron tirados polo campo, onde tamén estragaron unha portería
Os asaltantes inundaron os vestiarios, onde deixaron as billas abertas toda a noite

Os actos vandálicos en Redondela custan ao Concello más de 65.000 euros ao ano
04/10/2024 13:33
Dende o Concello fan un chamamaneto á colaboración cidadá na denuncia de calquera actividade sospeitosa para protexer un patrimonio que é de todos

Cravos nunha estrada de San Vicente do Grove: "É un perigo, xa piquei a roda catro veces"
03/10/2024 14:26
Aparecen cada certo tempo no lugar de Cacheirás
Vano denunciar ante a Garda Civil para tentar identificar os vándalos

Indignación pola queima doutro coletor en Vilagarcía, e van máis dunha ducia
23/09/2024 14:08
O lume estendeuse ao primeiro coche que estaba estacionado, pero o servizo de emerxencias evitou males maiores
As causas estanse investigando, pero a priori descartan que teña relación cos anteriores actos vandálicos

Vandalizan a área recreativa do miradoiro do canón do Ulla, en Padrón
18/09/2024 14:31
A Comunidade de Montes do Lapido pide colaboración cidadá para tentar dar cos responsables
Calculan que os danos poden chegar os 12.000 euros

Vandalizan flores, xardineiras e ata algún nicho no cemiterio de Oseiro
09/09/2024 14:35
Durante toda a mañá, o camposanto foi un ir e vir de xente para facer avaliación dos danos

Vandalizan cunha pintada a igrexa de Castrelos en Vigo, de 800 anos de antigüidade
31/08/2024 11:51
O atentado contra o patrimonio produciuse na parte exterior da sancristía, ao carón da ábsida

Atacan o monumento a Sancho Gracia, avó de Daniel Sancho, en Mondariz-Balneario
30/08/2024 14:42
Ocorreu pouco despois de que se coñecera a sentenza que condena o seu neto polo crime de Tailandia

Estragan elementos do mobiliario urbano na localidade coruñesa de Santa Cruz
24/08/2024 14:18
Os actos vandálicos rexistráronse tras a primeira noite de festas

Mutilan na Coruña as figuras de Superlópez e Mortadelo
19/08/2024 12:59
Á figura de Superlópez, situada nos xardíns de Méndez Núñez, cortáronlle a cabeza, e á de Mortadelo, no Obelisco, arrincáronlle unha man

Rompen dous bancos de pedra da contorna da concatedral de Ferrol
17/08/2024 14:40
Non é a primeira vez que o templo e o seu recinto exterior sofren actos vandálicos

Non deixes pegada do teu paso por Compostela nas pedras da zona vella
04/08/2024 20:46
Repítense as pintadas de visitantes na zona vella de Santiago
A veciñanza e o Concello pídenlles aos turistas incívicos respecto polo patrimonio e a cidadanía

O Concello da Coruña amplía a emerxencia sanitaria para reforzar a recollida de lixo
03/08/2024 14:18
Continúan os acto vandálicos, con tres colectores queimados durante a noite

Entran nun campo de fútbol de Ribeira e causan danos por valor de 8.000 euros
11/07/2024 14:24
O campo pertence á Sociedade Fillos de Palmeira e levaba un ano en desuso
Xa interpuxeron denuncia na Policía Nacional, que investiga os feitos

Moven un bloque de pedra de máis de 500 quilos e estacionan nunha zona protexida
09/07/2024 16:24
Veciños e traballadores da zona están fartos dos seus comportamentos incívicos

Novo asalto vandálico a un cerqueiro de Portosín
09/07/2024 14:34
Remexeron todo o interior para levar un extintor e comer os víveres da tripulación
A confraría vai poñer denuncia e pide máis vixilancia no porto

Rompen as ventás de sete coches aparcados no centro de Ribeira
08/07/2024 14:14
A intención era roubar, pero os ladróns non atoparon obxectos de valor nos vehículos
Os propietarios denunciaron os feitos na Policía Nacional, que investiga o sucedido

Investigan un lanzamento de cócteles molotov a un bar de praia en Ribeira
28/06/2024 15:39
Guindaron a botella inflamable a carón do tanque de gas e puido acabar en traxedia

Prenden antes de tempo nun acto vandálico unha fogueira en Moaña
22/06/2024 10:41
Bombeiros do Morrazo e Policía Local traballaron arreo desde as 4 da madrugada para atallar o lume

Vandalismo e roubos en coches e vivendas de Angueira de Castro
21/06/2024 13:59
Os autores dos ataques deixaron cousas de valor e preferiron esnaquizar pertenzas dos veciños

Queiman unha decena de contedores en varios puntos de Carballo
21/06/2024 12:45
Os incendios producíronse en tres lugares distintos da vila en pouca marxe de tempo

Un grupo de persoas tinguen con pintura laranxa o monumento megalítico de Stonehenge
19/06/2024 20:51
As autoridades británicas xa arrestaron os autores deste acto vandálico

Esnaquizan cunha machada varios coches estacionados e un portal entre Santiago e Teo
18/06/2024 14:11
A Garda Civil tenta conseguir imaxes de cámaras de seguridade da zona que lles permitan identificar o autor desta onda de desfeitas

Sabotan o campo do Barbadás en pleno campionato de fútbol base
18/06/2024 13:47
Os vándalos desfixeron as redes de 11 das 12 porterías das que dispón o club
A sabotaxe puxo en perigo as finais da Copa Deputación de fútbol base

Arden varios colectores de lixo en Vilagarcía de Arousa
17/06/2024 14:20
Todo apunta a actos vandálicos, ante os que a veciñanza reclama máis vixilancia

Aparecen vehículos con raiaduras nunha céntrica rúa de Santiago
11/06/2024 14:25
Denuncian que son actos reiterados e que xa desde hai moitos anos aparecen retrovisores rotos

Pican as rodas de máis de vinte coches na parroquia de Priegue, en Nigrán
04/06/2024 13:54
Todos os veciños que estacionaron o coche en dúas rúas sufriron a acción dos vándalos
A fin de semana multiplicáronse os actos de vandalismo, con roubo de sinais e espellos de control do tráfico, e mesmo modificaron con spray as liñas continuas da estrada

Queiman varios colectores nunha rúa de Lugo
24/04/2024 16:26
Os equipos de urxencia conseguiron evitar que as lapas se propagasen aos coches aparcados