Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns dez vehículos aparecen de novo coas rodas picadas en Cambados

Uns dez vehículos aparecen de novo coas rodas picadas en Cambados

Cada coche ten dúas rodas con cortes que deixan claro que o autor utiliza un obxecto punzante

Desta volta non houbo danos por líquidos corrosivos como aconteceu hai varias semanas

G24.gal 12/06/2023 21:51 Última actualización 12/06/2023 21:59

Este luns volveron aparecer coches coas rodas picadas no municipio pontevedrés de Cambados nun novo ataque contra turismos estacionados na vía pública. Os afectados din estar preocupados e agardan que as forzas de seguridade den canto antes co autor dos feitos.

Arredor de dez vehículos apareceron coas rodas picadas en Cambados, os veciños xa perderon a conta de cantas veces aconteceu isto nos últimos meses. Cada coche ten dúas rodas con cortes  que deixan claro que o autor utiliza un obxecto punzante.

Os veciños afectados espertaron con esta noticia. Desta volta só se viron afectados os pneumáticos pero non houbo danos por líquidos corrosivos como aconteceu hai varias semanas. Só un par de coches teñen algunha rascadura menor na carrozaría.

Os ataques foron de novo no Pombal, os Olmos e xunto ao Centro de Saúde, situado na Avenida de Galicia. As forzas de seguridade continúan coa investigación para dar co autor destes actos vandálicos e indiscriminados que teñen lugar a altas horas da madrugada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade