Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queiman varios colectores nunha rúa de Lugo

Queiman varios colectores nunha rúa de Lugo

Os equipos de urxencia conseguiron evitar que as lapas se propagasen aos coches aparcados

G24.gal 24/04/2024 16:26 Última actualización 24/04/2024 16:35

Axentes da Policía Local e efectivos dos Bombeiros de Lugo tiveron que empregarse a fondo a pasada madrugada por un incendio en varios colectores, ante o perigo de que o lume se estendese aos coches que estaban estacionados na vía pública.

Os feitos sucederon a pasada madrugada, sobre as 03:00 horas, cando o 112 recibiu aviso de que varios contedores estaban ardendo na rúa Estrada da Granxa, na zona sur da cidade de Lugo. De inmediato, axentes do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade de Atestados desprazáronse ao lugar indicado.

Ante o risco, evidente, de que as lapas afectase a algún vehículo estacionado nas inmediacións, os axentes trataron de controlar as chamas co uso dos extintores dos vehículos patrulla e outros facilitados por comunidades de veciños.

Así conseguiron manter o lume baixo control, ata a chegada de dous vehículos dos bombeiros, que lograron sufocalo por completo. Para acabar coas lapas foi necesario cortar o tránsito de vehículos e de peóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar