Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan a persoa que incendiou un autobús urbano en Vigo

Buscan a persoa que incendiou un autobús urbano en Vigo

A Policía Nacional sospeita que o lume foi intencionado

Polo momento non hai detidos, pero varias testemuñas apuntan a unha persoa coa cara tapada que fuxiu

G24.gal 01/05/2023 14:02

En poucos minutos as lapas envolveron todo o autobús. Os traballadores dun negocio próximo, na rúa Urzaiz, trataron de extinguilo.

"Estaba o ceo cheo de fume, vin o autobús enteiro ardendo, da parte dianteira á traseira. O meu compañeiro intentou empregar o extintor, pero era unha escena de película: un bus enteiro en lapas moi elevadas", explica Marcos Rodríguez.

A policía traballa coa hipótese de que o incendio, que comezou na parte traseira, foi provocado e trata de identificar unha persoa con capucha e máscara que fuxiu despois de berrar "lume".

O autobús, un híbrido de última xeración, estaba circulando e a condutora conseguiu evacuar todos os pasaxeiros ilesos, pero ela tivo que ser atendida por un ataque de ansiedade. 

Pouco antes producírase un conato de incendio noutro autobús urbano de Vigo, desa vez en Bouzas, o que reforza a sospeita da policía de que se trata de actos intencionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar