Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Un home bañándose nunha fonte en Ourense, novo acto contra o patrimonio
Os veciños están fartos e piden que se poñan normas para evitar estas penosas imaxes
                            G24.gal
                        
                            25/09/2023 15:08
                        
                        
                        
                        
                    
                    O respecto polo patrimonio está en horas baixas. Quedou de manifesto neste baño á luz da lúa na praza do Ferro en Ourense. A imaxe gravada por uns viandantes foi subida ás redes e viralizada. É o que buscan estes desaprehensivos coas súas fazañas.
Xa é unha longa lista contra o patrimonio, e os veciños están fartos. Chegados a este punto poñer normas é fundamental para evitar estas penosas imaxes.
Actos incívicos que se suman ao insólito do baile sobre a fontes das Praterías, ou o gabeo pola Porta Santa. As redes acéndense contra estas prácticas cunha mensaxe clara: non todo vale.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        