Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os turistas volven acampar en zonas non permitidas de Santiago

Os turistas volven acampar en zonas non permitidas de Santiago

Un grupo de campistas para nas inmediacións do Multiúsos Fontes do Sar

G24.gal 05/09/2023 16:35

Suma e sigue no relativo ás condutas pouco edificantes por parte dalgúns turistas en Santiago. Desta volta, iso si, os campistas tiveron o detalle de buscar un sitio pouco exposto ás miradas indiscretas.

Fixérono aquí, nas inmediacións do Multiúsos Fontes do Sar. 
Máis discreto pero igual de ilegal que acampadas anteriores no parque de Belvís ou en plena zona histórica, vistas tamén este verán.

Imaxes coma esta de ducias de peregrinos ocupando ruidosamente as rúas á súa chegada a Compostela, pintadas que contan xestas de quilómetros andados e desaprehensivos que escalan a Porta Santa xa non sorprenden a ninguén. Pero indignan cada vez máis.

A comezos de agosto, o Goberno local puxo en marcha unha campaña informativa onde se recolle o decálogo de boas prácticas.

Un documento presente en rúas e establecementos hostaleiros onde insta ao respecto ao patrimonio e á convivencia veciñal.

O documento non contempla polo momento sancións, aínda que si máis presenza policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade