Cargando resultados...
Deteñen un veciño de Rianxo tras bater en varios coches cunha forquita
Antes de ser arrestado ameazou os donos dun bar e os axentes de policía que trataban de detelo

G24.gal
03/01/2024 15:14
Un veciño de Taragoña, en Rianxo, foi detido tras bater en varios coches, empregando para iso unha forquita.
Provocou estragos en varios vehículos estacionados na rúa e tamén ameazou os donos dun bar e os axentes da Policía Local que trataron de detelo. Tras lograr arrestalo, o home foi trasladado ao médico, ao que tamén ameazou.
Finalmente o agresor foi levado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, para ser tratado na área de Psiquiatría.