Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden varios vehículos en Pontevedra que estaban aparcados na rúa

Arden varios vehículos en Pontevedra que estaban aparcados na rúa

O lume inicouse nunha furgoneta que quedou totalmente calcinada

G24.gal 18/09/2023 15:17

Varios vehículos quedaron danados esta madrugada pasada en Pontevedra a causa dun incendio que se iniciou nunha furgoneta que quedou completamente calcinada.

Ocorreu contra as tres da madrugada nese vehículo que estaba aparcado no barrio residencial de Monte Porreiro da cidade de Pontevedra. A Policía Local recibiu un aviso e ao chegar ao lugar comprobaron que as lapas afectaban outros dous coches que tiña preto.

Os bombeiros acudiron axiña, pero a furgoneta quedou completamente calcinada e os dous coches quedaron tamén bastante afectados. De momento non se sabe a causa do incendio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade