Publicador de contidos

Publicador de contidos

A roupa e o téxtil en xeral, as compras favoritas dos galegos en Portugal

A roupa e o téxtil en xeral, as compras favoritas dos galegos en Portugal

A comida e a louza tamén teñen os seus fans

G24.gal 24/09/2026 21:34

Vivir preto dunha fronteira ten moitas vantaxes porque aproveitas as mellores opcións de dous países. Entre elas a posibilidade de facer compras distintas, mellores ou máis baratas.

Os galegos imos a Portugal a mercar roupa para nós ou para a casa ou a cama. As toallas de Portugal seguen sendo moi recoñecidas e tamén se seguen vendendo por quilo nalgunhas tendas, igual que a louza, moi estimada, desde a básica ata as marcas como Vista Alegre.

Durante moito tempo tamén trouxemos café, manteiga salgada ou leite e xabrón de pintas. 

Aínda hai españois que fan a compra en Portugal, pero sobre todo mercamos os famosos pasteis de Belén ou natas, bacallao e polo, os produtos que máis nos gusta consumir en Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade