Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rompen retrovisores en varios vehículos estacionados na rúa en Lugo

Rompen retrovisores en varios vehículos estacionados na rúa en Lugo

Descoñécese de momento quen puido ser o autor ou autores

Non é a primeira vez que se dá o caso nesta zona de Lugo

G24.gal 08/04/2024 12:33

Varios vehículos estacionados na zona das casas sindicais apareceron cos espellos retrovisores estragados. Din os veciños que non é a primeira vez que sofren este tipo de actos vandálicos.

Varios turismos estacionados nas rúas Eduardo Pondal e Portugal na zona das casas baratas de Lugo apareceron cos espellos retrovisores rotos este domingo, para desgusto dos seus propietarios. "Xa sen contar a parte económica, hai que poñer unha denuncia coa perda de tempo persoal que supón". "É un acto de vandalismo puro e duro".

Descoñécese de momento quen puido ser o autor ou autores. "Quen fai isto non ten moito sentido. Paso por aquí e vou rompendo cousas... a verdade que non ten moito xeito de ser".

Non é a primeira vez que se dá o caso nesta zona de Lugo. "Nesta zona é un suceso habitual e frecuente. Penso que comezan a romper polo comezo da rúa e seguen así ata o final ata que se aburren. A nós pasounos unha vez".

A policía trata de identificar os vándalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar