Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian actos de vandalismo nocturno en Laxe, con danos en coches e vivendas

Denuncian actos de vandalismo nocturno en Laxe, con danos en coches e vivendas

Romperon retrovisores e cristais en vehículos e vivendas de varias rúas do municipio

Os afectados comezan a formalizar as denuncias na Garda Civil, que investiga os feitos

Danos nun vehículo, ao que lle guindaron unha pedra
G24.gal 01/04/2024 14:22

Foi un peche desafortunado das festas da Pascua en Laxe. O episodio de vandalismo nocturno deixou danos en vehículos e vivendas, en distintas rúas do pobo. 

Apareceron vehículos cos retrovisores rotos ou revirados, outros con rascaduras e mesmo con golpes feitos a pedradas. "Encontrei un croio ao pé do coche, mirei o coche e xa vin o burato", explica Marisa, unha veciña da rúa Santa Rosa. Tiña o coche estacionado no patio, rebentáronlle o portón traseiro cunha pedra que guindaron dende fóra. 

"Asusteime un pouquiño -di- e despois dixéronme que non fora meu coche só, e aínda me deu máis pena". Asegura Marisa que Laxe é un pobo "moi tranquilo" e que nunca vivira tal cousa. 

Parece que non foron só a polos coches, porque algúns veciños din que lanzaron pedras tamén contra as vivendas, provocando danos nalgún caso. Foi a noite do sábado e de momento non hai ninguén identificado pola autoría destes feitos. Aínda están recollendo as denuncias na Garda Civil, que leva a investigación deste presunto episodio de vandalismo nocturno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar