Publicador de contidos
Publicador de contidos

Declara no xulgado o detido por danar nun ano 75 coches en Cambados

Declara no xulgado o detido por danar nun ano 75 coches en Cambados

Os investigadores cren que se desprazaba desde Padrón á vila do Salnés para danar os vehículos

G24.gal 05/07/2023 14:50

Pasou á disposición xudicial o home que a Garda Civil detivo en Padrón como presunto autor dos danos en máis de setenta vehículos estacionados en Cambados.

Durante meses picou rodas, raiou coches e estragou carrocerías botando líquido corrosivo sobre a pintura. 

Actuaba de noite e sen testemuñas. Pero os axentes lograron recompilar imaxes dun coche nas zonas e á hora en que ocorrían os feitos. Un Hyundai vermello que logo dun cribado levou os axentes ata un home de 46 anos que vive en Padrón.

Os veciños da vila respiraban. Do pouco que transcendeu, semella que se desprazaba a propósito desde Padrón a Cambados.

A primeira denuncia é de hai algo máis un ano. Daquela concentraba os danos na rúa dos Olmos, onde o Concello chegou a instalar cámaras temporais. Logo os estragos estendéronse a outras rúas.

Entre o 6 de xuño de 2022 e o 12 de xuño de 2023 contabilízanse danos en 75 vehículos. Chegou a estragar 30 dunha vez. E hai veciños que o sufriron en máis dunha ocasión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade