Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas nas galerías Oliva de Pontevedra por inseguridade e sucidade

Queixas nas galerías Oliva de Pontevedra por inseguridade e sucidade

Algunhas actitudes incívicas xeran malestar en comerciantes e veciños

Imaxe deste mércores pola mañá dunha parte das galerías Oliva de Pontevedra
G24.gal 20/03/2024 14:04

As galerías Oliva, na zona histórica de Pontevedra, preto da praza da Peregrina, están a ser utilizadas como acubillo por persoas sen teito e drogodependentes. Algunhas amezan e teñen actitudes incívicas, polo que contan comerciantes e veciños que acceden á casa pola área comercial.

"Levamos unha tempada bastante longa cunha serie de indixentes que se asentan nas entradas das galerías. Son moi sucios; defecan, mexan, comen e deixan todo perdido, e son algo agresivos: como lles digas algo ou lles fagas fronte, sáltanche", explica Antonio Santiago, representante dos comerciantes das galerías.

Francisco ten o seu negocio de hixienista dental nas Galerías Oliva e quéixase da sensación de inseguridade neste espazo: 

"O problema é a inseguridade para a xente que vén aos negocios, polo que hai quen xa non quere entrar ao ver esta xente, porque hai algúns que son agresivos".

Entre as últimas falcatrúas sufridas, sinalan a entrada con intención de roubar na cafetería de Samanta:

"Forzáronnos a porta e entraron buscando diñeiro".

Tras ese feito puxeron en marcha unha recollida de sinaturas.

"E a ver se o Concello nos pode botar unha man para resolver este problema. Isto é unha eiva", sinala Antonio Santiago.

Comerciantes e veciños coinciden en cualificar a situación de insoportable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar