Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo acto vandálico na catedral: un home ponse a escalar pola Porta Santa

Novo acto vandálico na catedral: un home ponse a escalar pola Porta Santa

Os propios transeúntes denunciárono nas redes sociais

G24.gal 03/07/2023 21:15

Non é a primeira vez que espertamos en Compostela con actos vandálicos contra o patrimonio artístico e cultural.

O último lévanos a comprobar como un individuo ten a idea de practicar escalada na mesma Porta Santa. Os propios transeúntes denunciárono nas redes sociais.

Atónitos ante esta ousadía e falta de respecto, comezaron a gravar a escalada do mozo na mesma Porta Santa.

Sen importarlle nada, empregaba as representacións dos 24, as tallas do Mestre Mateo para rubir pola fachada.

Isto sucedeu este domingo. Inmediatanente nas redes sociais comezouse a ver esta falcatruada, que non tardou en recibir duras críticas.

Incidentes coma este evidencian que non todos os turistas son conscientes da importancia histórica e cultural de Compostela.

Chegáronse a ver desde pícnics na praza do Obradoiro, ata acampadas no parque de Belvís, non obviando as pintadas que se fixeran ás esculturas da praza das Praterías ou as que se fixeron a pasada semana en San Martiño Pinario.

Este tipo de comportamentos xera malestar entre a veciñanza e piden ao Concello que se reforce a vixilancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar