Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Forcarei cren que os danos no cemiterio son froito dun acto vandálico

Os veciños de Forcarei cren que os danos no cemiterio son froito dun acto vandálico

Parte do camposanto apareceu coas cruces e os remates dos panteóns sementados polo chan

A Garda Civil está a investigar cales puideron ser as posibles causas do acontecido

G24.gal 05/04/2024 14:25

En Forcarei non deixan de pensar en que puido pasar ou quen puido deixar o cemiterio municipal tal e como apareceu, co chan sementado das cruces e remates decorativos dos panteóns. Foron moitos os veciños que se achegaron ata alí para comprobar se era o deles un dos afectados.

Case todos pensan que se trata dun acto vandálico. Porén será a Garda Civil, con quen contactou a Galega, quen determine o que pasou. Non desbotan ningunha hipótese pero, a diferenza do non rotundo dos veciños, tamén apuntan a un posible fenómeno meteorolóxico adverso como posible causa do acontecido.

Á espera das conclusións finais, o Concello xa presentou denuncia e está contactando cos particulares afectados para poñerse á súa disposición. Aseguran que, tratándose ademais dun tema tan delicado, van facer todo o posible para restaurar todo tipo de danos canto antes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar