Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas

O Goberno estuda cambios na pensión de viuvez

08/04/2024 20:37

Abre a posibilidade de que a paga se basee nos anos de cotización do falecido

Elma Saiz celebra o reenchido do Fondo de Reserva e a oposición critica o seu optimismo


Netanyahu asegura que xa "hai unha data" para a invasión israelí de Rafah

08/04/2024 20:09

Responde así ás críticas dos seus socios ultradereitistas no Goberno polos avances nas negociacións e a retirada de tropas do sur da Franxa

Hamas non aceptará ningún acordo que non contemple un cesamento do fogo e a retirada total das forzas israelís, ademais dun aumento da axuda humanitaria

Categorías:  Mundo   Política

O detido polo crime de Coia alega lexítima defensa e di que a vítima o ameazou cunha machada

08/04/2024 19:45

A xuíza decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido

Confesou ser o autor dos disparos, pero asegura que actuou en lexítima defensa porque a vítima apareceu na súa casa armado cunha machada

Os investigadores apuntan a un axuste de contas como móbil do crime


Jonas Vingegaard foi operado dalgunhas das súas lesións e trasladado á UCI

08/04/2024 19:29

O danés tivo danos na clavícula, varias costelas, unha contusión pulmonar e un pneumotórax

Categorías:  Deportes   Polideportivo
Etiquetas:  CICLISMO

A xuíza arquiva o caso do atraco a unha administración de loterías de Lugo tras non ver "indicios" contra o loteiro

08/04/2024 17:34

Sostén que "toda a construción da hipótese investigativa policial se funda en sospeitas"



O Breogán e o Obradoiro ofrecerán un final de liga cheo de incertezas

08/04/2024 17:19

Quedan seis partidos e os de Mrsic levan un triunfo máis que os de Moncho Fernández


Cantero non perde a ilusión por xogar a promoción de ascenso

08/04/2024 16:52

Cantero: "O que podes chegar a conseguir pasa moi poucas veces nas carreiras futbolísticas"

Categorías:  Ferrol   Deportes   Rácing
Etiquetas:  RACING DE FERROL

O PP non cita por agora a Sánchez no Senado polo caso Koldo

08/04/2024 16:19

O PP chamará a Ábalos, Illa, Koldo e Rubiales no Senado polo caso Koldo

O PSOE resérvase máis comparecencias no Senado dada a listaxe "extensa" do PP


Dotor adéstrase con normalidade e Luca de la Torre á marxe do grupo

08/04/2024 16:12

Claudio Giráldez tamén contou co atacante sueco Williot Swedberg, que aínda non ten o alta médica pero xa está practicamente recuperado

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

O exlendakari José Antonio Ardanza durante unha entrevista en Radio Euskadi

Falece o exlehendakari José Antonio Ardanza

08/04/2024 16:10

O político do PNV presidiu o Goberno vasco entre 1985 e 1999

Categorías:  España   Política

Investir en vivenda xa non servirá para conseguir visados de residencia

08/04/2024 16:08

O Goberno quere eliminar a golden visa, que permite acceder ao réxime de residencia aos non comunitarios cando se inviste máis de medio millón de euros en bens inmobles

O presidente Sánchez dixo que pretende garantir que a vivenda "sexa un dereito e non un mero negocio especulativo"

Na actualidade 94 de cada 100 visados deste tipo están vencellados ao investimento inmobiliario

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  VIVENDA

Francia multará con 5 euros os pacientes que falten a unha cita médica sen avisar

08/04/2024 16:03

Segundo o colexio de médicos francés, as ausencias non notificadas supoñen un custo anual de 27 millóns de euros


Cae sobre unha parcela habitada en Oleiros unha árbore de 30 metros

08/04/2024 16:02

Os propietarios da vivenda queren que o veciño corte as árbores que ameazan a súa propiedade, pero o dono di que están catalogadas e que non pode facelo

Etiquetas:  ACCIDENTE


O Sergas agarda que o Centro de Protonterapia comece a funcionar en 2026

08/04/2024 14:47

O presidente da Xunta en funcións visitou o inicio das obras de construción do edificio


Iván Fernández: "Ritmo trepidante nesta homenaxe póstuma, que é unha celebración da vida"

08/04/2024 14:46

Fran Núñez asina a dirección artística e a dramaturxia da montaxe Manuela is in da house

O espectáculo forma parte das actividades do 40º aniversario do Centro Dramático Galego

É unha coprodución co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional  São João do Porto

Etiquetas:  ZIGZAG

A Xunta oferta para este verán 11.500 prazas en campamentos e campos de traballo

08/04/2024 14:45

Incorpóranse á oferta campamentos en Boiro, Santiago, Allariz e Becerreá


A suba dos xuros hipotecarios do último ano derivou nun aumento do risco de impagos

08/04/2024 14:42

As cotas das hipotecas variables incrementáronse un 9,6 % entre 2022 e 2023

 


Bosco Caride: "Para crear parto da incerteza, traballo como se moven as nubes"

08/04/2024 14:37

Indicios, de Bosco Caride, ata o 15 de setembro no MARCO, Museo de Arte Cotemporánea de Vigo

A mostra xira arredor dos estados atmosféricos ou gasosos que se presentan sen ningunha referencia espacial ou contexto

O pintor xoga coa ambigüidade entre imaxe fotográfica e pictórica. Emprega como soportes papel fotográfico e aluminio 

Etiquetas:  ZIGZAG

A tenreira galega acende os fogóns do Fórum Gastronómico

08/04/2024 14:33

Máis de 200 expositores e cociñeros que suman 27 estrelas Michelin xúntanse estes días na Coruña


Cambios nos horarios dos trens con Madrid polas obras na estación de Chamartín

08/04/2024 14:33

En Lugo quedan sen unha das conexións á capital, no que é un novo recorte dos servizos ferroviarios da cidade

Renfe tivo que axustar horarios e tarifas, e o que se mantén é o número de prazas


'Gacela', a poesía ficción amorosa, confesional e descritiva de Genaro da Silva

08/04/2024 14:29

Gacela, do enxeñeiro forestal e biólogo Genaro da Silva, publicouse este ano pola editorial Chan da Pólvora

Outros poemarios do autor son O pintor cego, do 2021, e Flor negra, do 2018

É un libro de poesía amorosa na que o autor xoga co suxeito poético 

 

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Cae dun segundo piso en Ribeira ao intentar acceder á súa vivenda desde a do veciño

08/04/2024 14:28

Os tendais de roupa amorteceron o golpe e non tivo feridas de gravidade 

Intentaba recuperar as chaves que deixara dentro ao saír do domicilio


O presidente da Xunta acusa o PSOE de "permitirlle todo" a Pere Aragonès

08/04/2024 14:21

Rueda insta o Goberno a que non permita que "ningún territorio se beneficie á custa dos demais"


Un novo incendio de vehículos en Pontedeume traslada a preocupación á vila

08/04/2024 14:21

Esta madrugada arderon dous coches no centro histórico que quedaron totalmente calcinados

En ano e medio producíronse catro sucesos similares, os tres anteriores por axustes de contas


Clientes dunha discoteca da Coruña inician unha pelexa nun reservado e baten nun traballador

08/04/2024 14:20

Non houbo detencións e, polo momento, non interpuxo ninguén denuncia

Etiquetas:  LIORTA

A Policía alerta dunha vaga de "furtos amorosos" en Galicia

08/04/2024 14:15

Chámanos así porque a presunta ladroa aborda a vítima con calquera escusa, e busca o contacto físico para facerse co reloxo ou as xoias que leve

Xa constan denuncias de furtos cometidos con esta táctica en distintas cidades galegas


Foto de arquivo dunha ambulancia.

Falece un traballador en Ponteareas por unha caída tras sufrir unha parada cardíaca

08/04/2024 14:15

Emerxencias indicou que a morte "tivo máis relación cunha parada cardíaca previa á caída que coa propia actividade do traballo"


Rueda ofrecerá pactos á oposición no discurso de investidura

08/04/2024 14:13

O candidato di que centrará as mensaxes nas "receitas" que prometeu na campaña en materia de sanidade, educación, servizos sociais, o emprego ou o futuro industrial

O Parlamento galego acolle a sesión de investidura de Rueda, que arrinca este martes coa intervención do candidato que, xa o xoves, se someterá á votación tras a réplica dos grupos representados no hemiciclo

Tanto BNG como PSdeG  tamén ofrecen "a man tendida" a Rueda, pero agardan un discruso "continuista"


Suspenden unha sesión 'light' nunha discoteca de Madrid por motivos de seguridade

08/04/2024 14:08

A sala ofrecía entradas de balde para os mil primeiros mozos

O Samur atendeu varias personas e houbo risco de avalanchas


A chuvia marca a terceira xornada da Feira Cabalar de Tui

08/04/2024 13:51

Concursos, exhibicións e o espectáculo de Miguel da Fonseca para pechar hoxe a gran cita co cavalo do Baixo Miño

Categorías:  Galicia   Tui   Sociedade   Vida
Etiquetas:  FESTAS   CABALO

Veciños da Avenida de Zamora en Ourense denuncian o mal estado da vía

08/04/2024 13:36

Os residentes na zona aseguran que a causa das fochancas xa houbo accidentes e caída


A defensa de Rafael Amargo pide a nulidades das escoitas e dos rexistros en que atoparon droga no seu piso

08/04/2024 13:24

A fiscalía solicita para Amargo e o seu exprodutor nove anos de cárcere, e seis para o terceiro acusado

Rafael Amargo permanece no cárcere desde novembro pasado despois de incumprir a obrigación de presentarse cada quince días no xulgado


Tren MD de Renfe

Xa se poden obter os abonos gratuítos de Renfe para o segundo cuadrimestre

08/04/2024 13:21

É necesario depositar unha fianza de 20 € para o servizo de media distancia e de 10 € para o de proximidade, que serán devoltos ao finalizar o período se o viaxeiro realizou polo menos 16 viaxes 


Un condutor provoca un accidente en Castelló con dous falecidos e tres feridos e dá positivo en alcol e drogas

08/04/2024 13:00

A Garda Civil detívoo por triplicar a velocidade permitida, 30 quilómetros por hora


Deteñen en Moaña un fuxitivo buscado no Perú por agredir sexualmente a súa filla

08/04/2024 12:58

As autoridades peruanas piden para el unha condena de cadea perpetúa pola agresión sexual continuada da menor cando tiña entre oito e doce anos


Buscan un home que supostamente acoitelou na cara outro varón no centro histórico de Lugo

08/04/2024 12:42

Segundo denunciou a vítima, o presunto agresor achegouse a el armado cun obxecto punzante e, sen máis, atacouno facéndolle un corte no rostro

Debido á gravidade da ferida, a vítima precisou atención médica e recibiu dez puntos de sutura



Rompen retrovisores en varios vehículos estacionados na rúa en Lugo

08/04/2024 12:33

Descoñécese de momento quen puido ser o autor ou autores

Non é a primeira vez que se dá o caso nesta zona de Lugo

Publicidade
Publicidade