Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas agarda que o Centro de Protonterapia comece a funcionar en 2026

O Sergas agarda que o Centro de Protonterapia comece a funcionar en 2026

O presidente da Xunta en funcións visitou o inicio das obras de construción do edificio

G24.gal 08/04/2024 14:47

O Centro de Protonterapia de Galicia, que estará situado en Santiago, comezará a atender os primeiros pacientes en dous anos. Avanzouno o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, nunha visita ao inicio das obras este luns.

O Centro de Protonterapia de Galicia estará ao carón do Hospital Clínico de Santiago, ocupará case seis mil metros cadrados e disporá de dous búnkeres nos que se instalarán os equipos de protóns. A protonterapia está indicada para o tratamento de cancro en nenos e tumores de difícil acceso ao ser unha radioterapia máis precisa.

O presidente da Xunta en funcións destaca que este sexa o primeiro centro destas características que se vai construír en España, e que vai dar servizo ás comunidades veciñas de Asturias e Castela e León. "A idea é que a principios de 2026 xa estea tratando pacientes e todos sabemos que en oncoloxía o tempo é ouro", dixo Rueda.

En Santiago estará un dos dez aceleradores de protóns que a Fundación Amancio Ortega doará á sanidade pública de sete comunidades. No Centro de Protonterapia de Galicia investiranse 20 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar