Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cantero non perde a ilusión por xogar a promoción de ascenso

Cantero non perde a ilusión por xogar a promoción de ascenso

Cantero: "O que podes chegar a conseguir pasa moi poucas veces nas carreiras futbolísticas"

G24.gal 08/04/2024 16:52 Última actualización 08/04/2024 17:04

Ander Cantero é xa un buque insignia para o racinguismo. Polas súas paradas, polo seu carácter e a súa capacidade para ordenar ao equipo desde a barreira.

O gardameta, que viña de deixar a súa portería a cero ante o Elxe na Malata, non esconde a súa carraxe por encaixar tres goles nunha tarde gris dos seus en Lezama.

"O que podes chegar a conseguir pasa moi poucas veces nas carreiras futbolísticas. Vendo a xente do vestiario, non se se haberá moitos play off de ascenso a Primeira e merece a pena pelexar por iso ata o final", apunta.

Ander Cantero fai un chamamento a analizar a derrota do venres para afrontar un partido moi similar o domingo na Malata.

"Temos que corrixir, traballar, ser humildes e saber que nos vai custar", reflexiona o porteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade