Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing estrea o casilleiro de vitorias contra o Real Unión na Malata (3-2)

O Rácing estrea o casilleiro de vitorias contra o Real Unión na Malata (3-2)

Os departamentais foron superiores a un equipo vasco que chegaba cun pleno de triunfos

Logo de ir gañando 3-0, o Real Unión maqueou ao final

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 13/09/2026 14:56

O Rácing de Javi Vázquez estrouse nunha Malata coliseo, imaxe atípica consecuencia das obras de cambio da cuberta. A ceo aberto abriu tamén o frasco dos goles. Que se fixeron agardar. Un disparo ao pau de Dani Ojeda foi a mellor ocasión nunha primeira parte na que melloraron en solidez defensiva. Fixéronse co control da pelota, pero faltoulles profundidade. Tarefa que melloraron tralo descanso.

Avisaron cun dobre disparo a porta. O de Alcaina sacouna un defensa baixo paus. Pouco despois chegaría o primeiro tanto grazas á estratexia. Xogada ensaiada co corner uqe botou Alvaro Ramón e rematou Raúl Alcaina no minuto 55, para bater a Lander Emery, fillo do adestrador do Aston Villa, e ex xogador do Racing, por ceroto. Estábase a gustar o cadro ferrolán. Notou a recuperacon de Dani Ojeda, que tivo a súa ocasión e nel naceu o segundo gol. Golazo de Roberto Arroyo. Resolveu moi ben na área tras recibir de Buján.  Ledicia e orgullo na bancada do coliseo ferrolán tras a boa acción que supoñía o 2 a 0 no miuto 70.

O terceiro é un capítulo á parte. Porque a acción ten un posible penalti a Etoo. Mentres o banco empeza a reaclamar a revisión, o balón seguen en xogo, e o máis listo de todos foi Migue Leal. O lateral verde aproveitou a confusión para sair da banda, recortar na área e marcar un goloso 3 a 0 no 88.

Gozaba a Malata. Pero os tres puntos chegaron a estar no aire! Porque o partido volveuse tolo. Xogo aberto no que o Real Unión aproveitou dúas oportudidades para marcar e recurtar distacia. 3 a 1 Mateo tras unha boa xogada de Tallal na área.

Ger Nóvoa salva baixo paus outro de Galarza. Pero non pode evitalo no minuto 97.

Así que vitoria final por 3 a 2. Primeira da tempoaa, pero aínda coa asgnatura pndente de manter a concentración ata o asubío final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade