Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños da Avenida de Zamora en Ourense denuncian o mal estado da vía

Veciños da Avenida de Zamora en Ourense denuncian o mal estado da vía

Os residentes na zona aseguran que a causa das fochancas xa houbo accidentes e caída

G24.gal 08/04/2024 13:36

Veciños da avenida de Zamora, en Ourense, denuncian o mal estado no que se atopa a vía. Din que as fochancas, de gran tamaño, xa provocaron a caída de varios peóns e que supoñen un perigo para a seguridade viaria.

Ni treito que se encontra en peores condicións, cruzar por un paso de peóns é cada día máis complicado debido ao tamaño das fochancas. 

Insisten en que hai moita xente maior vivindo na zona que debe cruzar esta estrada acotío para ir á farmacia, á panadería ou a outros negocios. Os veciños subliñan que xa se rexistraron varias caídas, algunha delas mesmo acabou no hospital.

Un perigo para os peóns, pero tamén para os condutores, especialmente os que levan mercadoría aos negocios da zona.

Dende a Consellería de Infraestruturas subliñan que as obras de mellora do firma xa están previstas e que deberían executarse entre finais de abril e comezos de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar