Un condutor provoca un accidente en Castelló con dous falecidos e tres feridos e dá positivo en alcol e drogas
Un condutor provoca un accidente en Castelló con dous falecidos e tres feridos e dá positivo en alcol e drogas
A Garda Civil detívoo por triplicar a velocidade permitida, 30 quilómetros por hora

Falecen dous homes e tres persoas quedan feridas nun accidente en Castelló. O condutor da furgoneta colidiu violentamente contra a fachada dunha casa no casco urbano de Jérica.
A Garda Civil detívoo por triplicar a velocidade permitida, 30 quilómetros por hora, ademais deu positivo en alcol e drogas. No coche, ademais dos dous falecidos, ían tamén a súa parella e a súa filla de dous anos que quedaron feridas con politraumatismos e contusións. Está previsto que o condutor pase hoxe a disposición xudicial.