Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambios nos horarios dos trens con Madrid polas obras na estación de Chamartín

Cambios nos horarios dos trens con Madrid polas obras na estación de Chamartín

En Lugo quedan sen unha das conexións á capital, no que é un novo recorte dos servizos ferroviarios da cidade

Renfe tivo que axustar horarios e tarifas, e o que se mantén é o número de prazas

G24.gal 08/04/2024 14:33

Algúns viaxeiros acudían hoxe ao despacho de billetes para cambialos e informarse dos novos horarios. "O servizo que se está dando podese mellorar moitísimo", di unha usuaria.

En información é pouca a actividade que rexistra a estación. Nas plataformas nin viaxeiros nin trens, tampouco vemos xa nas pantallas as próximas chegadas ou saídas. Desde hoxe a cidade ten unha conexión menos, suprimiron a das 10:50 con Madrid. "Pois moi mal porque eu viaxo a Madrid de cada quince días", comenta unha das afectadas.

A cidade queda con tres conexións diarias á capital, todas cara a Ourense. "O peor é Lugo", comenta un viaxeiro.

Aquí tamén están a notar os cambios nos horarios, hoxe moitos chegaban con atraso aos seus destinos. "Prefería o outro horario", di unha viaxeira en Ourense.

Esta reestruturación débese ás obras na estación de Chamartín, e a situación será así polo menos ata xullo. "Se hai esas obras deberían acondicionar o tráfico ferroviario para que os usuarios non nos vexamos prexudicados", comenta un usuario.

Desde a plataforma Lugo non perdas o tren volverán saír á rúa para protestar pola perda de servizos. 

"Adif e Renfe teñen que cumprir temos que ter trens a medida, xustos e a tempo", explica José Manuel Carballo da plataforma Lugo non perdas o tren.

O axuste de horarios veu acompañado dun axuste de prezos. Algúns viaxeiros advirten do encarecemeno dalgúns billetes. O que se mantén é o número de prazas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade