Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retómase a construción dunha promoción que levaba 17 anos abandonada en Barreiros

Retómase a construción dunha promoción que levaba 17 anos abandonada en Barreiros

A obra detívose en 2009, cando xa estaban vendidas 69 das 71 vivendas

A empresa Ponsar Desarrollos traballa para poder entregar os primeiros pisos xa neste ano

G24.gal 28/09/2026 14:11

Os veciños de Barreiros levan décadas convivindo con esqueletos de edificios que, por mor da crise, quedaron sen rematar. Un exemplo téñeno os que viven en San Miguel de Reinante. A obra detívose en 2009, cando xa estaban vendidas 69 das 71 vivendas. Agora, os veciños empezan a ver algo de movemento.

"Leva moitos anos parado, pero agora comprárono e van empezar a traballar no edificio, xa puxeron os carteis. Esta semana xa viñeron a rozar", comentan varias veciñas.

A empresa Ponsar Desarrollos traballa para poder entregar os primeiros pisos xa neste ano. 71 vivendas de dous cuartos a partir de 90.000 euros. Os veciños xa viron os primeiros interesados.

"Vén xente mirar, normal. É unha zona marabillosa e a xente escapa para o norte. Onde van estar mellor que aquí", comenta outro veciño.

Pisos con cociña amoblada, garaxe e rocho para converter un esqueleto do boom en vivendas habitadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade