Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arredor de 600 persoas acampan na Porta do Sol para esixir a aprobación do decreto de vivenda

Arredor de 600 persoas acampan na Porta do Sol para esixir a aprobación do decreto de vivenda

Están dispostas a aguantar o que sexa necesario para conseguir a aprobación do chamado decreto Maricarmen: "Estamos facendo historia", aseguran desde o Sindicato de Inquilinas

Desde o hospital, onde permanece ingresada, a anciá desafiuzada en Madrid díxolles: "Loitade, defendede o que é voso!"

O Goberno ultima o decreto de vivenda que o PP considera insuficiente

Centos de persoas pasan a segunda noite acampados en tendas de campaña na Porta do Sol para esixir a aprobación dun decreto sobre vivenda (Diego Radamés/Europa Press) Centos de persoas pasan a segunda noite acampados en tendas de campaña na Porta do Sol para esixir a aprobación dun decreto sobre vivenda (Diego Radamés/Europa Press)
G24.gal 28/09/2026 07:26

Os acampados da Porta do Sol en protesta pola situación da vivenda pasaron a súa segunda noite durmindo nas máis de 300 tendas de campaña instaladas na céntrica praza madrileña. Están dispostos a aguantar o que sexa necesario, para forzar o Goberno a aprobar este martes un real decreto sobre vivenda, coñecido xa como o decreto Maricarmen.

Os manifestantes aseguran que están dispostos a aguantar as noites que faga falta para conseguilo. O Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Madrid, impulsor desta acampada, pide que o decreto inclúa medidas como contratos indefinidos de alugueiro ou a suspensión de desafiuzamentos sen alternativa habitacional, entre outras.

"O poder témolo nós. E pase o que pasa o martes, seguirémolo tendo nós e imos reaccionar", indicou unha das portavoces do sindicato, Valeria Racu, nun discurso na Porta do Sol.

A acampada comezou a primeiras horas da noite do sábado, ao termo da manifestación que se celebrou no centro de Madrid para protestar polo desafiuzamento de Maricarmen Abascal, a anciá de 87 anos que tivo que abandonar a súa casa de alugueiro despois de residir 70 anos nela.

Por alí pasaron esta noite artistas como Marwan, Carlos Bardem, Samantha Hudson, Aitana Sánchez-Gijón ou Juan Diego Botto, entre moitos outros.

EFE/X de Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Madrid EFE/X de Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Madrid

Desde o hospital no que permanece ingresada, Maricarmen enviou unha mensaxe de apoio aos participantes na acampada da Porta do Sol en protesta pola crise da vivenda: "Loitade! Defendede o que é voso!".

O Concello de Madrid esixiu este domingo á Delegación do Goberno repoñer canto antes a normalidade na Porta do Sol.

O Consistorio mostrou a súa sorpresa e indignación ante a acampada e acusou a Delegación do Gobierno en Madrid de permitir que iso ocorrese.

O presidente do Goberno Pedro Sánchez anunciou este domingo que o Executivo traballa contra o reloxo para levar ao Consello de Ministros deste martes un real decreto sobre vivenda.

As protestas pola actual crise de vivenda estenderanse os próximos días máis aló de Madrid: O Sindicat de Llogateres de Catalunya convocou para este luns en Barcelona unha manifestación fronte ao lugar onde se celebrará un acto ao que asistirá Pedro Sánchez para reclamar que o decreto sobre vivenda inclúa a opción de contratos indefinidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos