Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os carburantes rozan os dous euros por litro a uns días de que expiren os descontos do Goberno

Os carburantes rozan os dous euros por litro a uns días de que expiren os descontos do Goberno

O custo de encher un depósito medio xa supera os cen euros

G24.gal 27/09/2026 14:14 Última actualización 27/09/2026 14:36

Encher o depósito do coche xa custa máis de cen euros. A gasolina e o diésel están en máximos anuais, moi preto dos dous euros por litro de media en España. Son incrementos de máis do 30% respecto a setembro de 2025. O un de outubro remata o desconto extraordinario aplicado desde comezos de mes para aliviar a suba dos carburantes, cinco céntimos por litro de gasolina e vinte céntimos no gasóleo.

Agricultores, gandeiros e pescadores dependen do gasóleo para manter a súa actividade. O  encarecemento do combustible estreita as marxes do sector primario.

"Podemos estar gastando entre 20.000 e 30.000 euros máis ao mes só en combustible. A posible ganancia vaise aí", explica Juan Carlos Corrás, xerente da asociación de armadores Pescagalicia-Arpega-O Barco

Tamén lles afecta ás familias que utilizan gasóleo para quentar os seus fogares. Encher un depósito de mil litros custa ao redor de 1.700 euros, un 12% máis que hai un mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade