Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia marca a terceira xornada da Feira Cabalar de Tui

A chuvia marca a terceira xornada da Feira Cabalar de Tui

Concursos, exhibicións e o espectáculo de Miguel da Fonseca para pechar hoxe a gran cita co cavalo do Baixo Miño

G24.gal 08/04/2024 13:51

Nin a chuvia que caía hoxe a caldeiros en Tui asustou os fieis á cita coa feira cabalar que se celebra dende hai máis dun século polas Festas de San Telmo. 

Na xornada solleira de onte foron milleiros de persoas as que ateigaban a feira para asistir aos concursos de enganche e de corbo, que é o baloncesto a cabalo. Hoxe, se o tempo o permite, farán unha demostración de como era a labranza antiga, da man de Celina, a mais veterana de Tui, que amosará aos nenos como plantar verzas e patacas. 

Hoxe rematan tres días de feira no epicentro da tradición cabalar do Baixo Miño. Aquí chegan cada día milleiros de cabalos de monta, e un dos momentos máis esperados é o espectáculo de Miguel da Fonseca, o domador e xinete portugués que vai marabillar a todos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade