Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jonas Vingegaard foi operado dalgunhas das súas lesións e trasladado á UCI

Jonas Vingegaard foi operado dalgunhas das súas lesións e trasladado á UCI

O danés tivo danos na clavícula, varias costelas, unha contusión pulmonar e un pneumotórax

G24.gal 08/04/2024 19:29 Última actualización 08/04/2024 19:39

Jonas Vingegaard foi operado este luns no Hospital de Txagorritxu de Vitoria, segundo unha información do Diario AS, das súas graves lesións tras a dura caída sufrida no descenso de Olaeta na cuarta etapa da Itzulia-Volta ao País Vasco 2024, onde o danés, xunto a corredores como Remco Evenepoel ou Primoz Roglic, perdeu o control da súa bicicleta e saíuse da carreira nunha secuencia que cambiou o desenvolvemento da carreira e supuxo unha conmoción.

Con danos na clavícula, varias costelas, unha contusión pulmonar e un pneumotórax, o seguinte paso tras a operación sería trasladar a Vingegaard á Unidade de Coidados Intensivos (UCI), onde se atoparía monitorizado nas horas posteriores a pasar por quirófano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade