Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador en Ponteareas por unha caída tras sufrir unha parada cardíaca

Falece un traballador en Ponteareas por unha caída tras sufrir unha parada cardíaca

Emerxencias indicou que a morte "tivo máis relación cunha parada cardíaca previa á caída que coa propia actividade do traballo"

Foto de arquivo dunha ambulancia. Foto de arquivo dunha ambulancia.
G24.gal 08/04/2024 14:15 Última actualización 08/04/2024 14:46

Un traballador faleceu este luns en Ponteareas tras sufrir unha parada cardíaca previa a caer desde unha carretilla. O suceso aconteceu no lugar de Vilasabroso, nunha nave para o preparado do bacallau. Emerxencias indicou que, de acordo cos sanitarios que atenderon a vítima, a morte tivo "máis relación cunha parada cardíaca previa á caída que coa propia actividade do traballo". 

O accidente produciuse minutos despois das 8 horas e, tras ter coñecemento dos feitos, Emerxencias activou os protocolos correspondentes a un accidente no campo laboral, aínda que despois comprobouse o problema de saúde previo do traballador, posiblemente un infarto.

Desprazáronse ata o lugar Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía local e axentes da Garda Civil. A vítima finou cando estaba sendo trasladada polos servizos de emerxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar