Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae dun segundo piso en Ribeira ao intentar acceder á súa vivenda desde a do veciño

Cae dun segundo piso en Ribeira ao intentar acceder á súa vivenda desde a do veciño

Os tendais de roupa amorteceron o golpe e non tivo feridas de gravidade 

Intentaba recuperar as chaves que deixara dentro ao saír do domicilio

G24.gal 08/04/2024 14:28

Un home, duns trinta anos, quería acceder á súa vivenda desde a vivenda contigua para recuperar as chaves que lle quedaran dentro. Un intento que lle puido custar a vida.  

"Estaba intentando pasar dun piso dun veciño ao seu piso pola parte traseira do piso, no intento caeu e por sorte foi amortecendo a caída ata finalmente caer nesa parte traseira onde había tamén o tellado dun cuberto", explica Óscar Casais, sarxento xefe do parque de bombeiros de Ribeira.

Os tendais de roupa amorteceron o golpe e, malia que hai unha altura de entre catro e seis metros, o home estaba consciente e de pé cando chegaron os bombeiros. Entraron polo primeiro andar, os seus propietarios non escoitaron o impacto.

Conta Ángel, veciño do inmoble, que estaba xogando a partida noutro lado da casa coa televisión posta cando escoitaron o timbre e abriulle a porta aos bombeiros, pero non sabía o que acontecera. Óscar Casais, Sarxento xefe do parque de bombeiros de Ribeira, di que cando chegaron "o home estaba ferido pero consciente e por sorte con pouco danos para o que puido ter pasado".

Segundo relatan outros veciños o home saíra da casa sen coller as chaves, motivo que o levou a tan arriscada e desaconsellada operación. Óscar Casais di que "a situación non é a máis indicada, se non che abre unha porta, o normal é que chames a un cerralleiro e que che veña a abrir un profesional".

Ata o lugar, unha céntrica rúa do concello de Ribeira, achegáronse varios equipos de emerxencias e, aínda que o home foi trasladado ao hospital, por sorte, todo quedou nun susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar