Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae sobre unha parcela habitada en Oleiros unha árbore de 30 metros

Cae sobre unha parcela habitada en Oleiros unha árbore de 30 metros

Os propietarios da vivenda queren que o veciño corte as árbores que ameazan a súa propiedade, pero o dono di que están catalogadas e que non pode facelo

G24.gal 08/04/2024 16:02

Susto tremendo en Oleiros. Unha árbore de trinta metros caeu esta fin de semana sobre unha parcela habitada. Non houbo feridos, pero puido causar unha traxedia.

Os propietarios da vivenda aínda teñen o medo no corpo. O sábado, contra as dúas menos vinte da tarde, unha árbore de case trinta metros de altura caía a escasos tres metros da súa casa. 

A árbore partiu pola metade o bambán das netas de José Manuel e danou a cuberta da piscina.

José Manuel levaba anos advertindo do perigo que supoñen media ducia de acacias negras que hai na leira lindeira. Todas superan os vinte metros de altura e hai un par delas que están moi inclinadas.

O propietario da leira lindeira di que as árbores están catalogadas e non se poden cortar. José Manuel asegura que se non entra en razón verase na obriga de acudir á vía xudicial para que corte estas árbores que, segundo di, poden acabar ocasionando unha traxedia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar