Contido con Xeográficas .
A Coruña

Veciños de Meirás apoian o toque de campás tras aparecer unha queixa anónima contra o seu son
10/11/2022 14:20
Alguén molesto co son a defunto do domingo publicou escrito insolente co cura pola tradición de tocar a campá

Volven os problemas coa auga da traída en Malpica
10/11/2022 07:08
Estará cortada unhas 24 horas para limpar os depósitos

Desartellan na Coruña unha banda albanesa dedicada ao tráfico de heroína
09/11/2022 14:15
Os axentes confiscaron varios quilos de heroína e hai oito detidos

Ibai Gómez deixa o Deportivo pola falta de oportunidades
09/11/2022 12:44
A piques de facer 33 anos, anunciou que seguirá xogando no Santutxu, o equipo do seu barrio

Naturgy obtén o permiso para desmontar A Medusa da Coruña
09/11/2022 12:29
O almacén de carbón vai ser desmontado en breve do peirao do Centenario, aínda que hai moitos veciños que piden a súa conservación

Ibai Gómez deixa o Deportivo e o fútbol
08/11/2022 15:37
Apenas disputou 184 minutos nas primeiras once xornadas de liga

O cruceiro máis novo do mundo fai escala na Coruña e Vigo
08/11/2022 15:05
O Carnival Celebration conta cunha montaña rusa flotante e unha oferta de ocio única
Ten 344 metros de eslora e capacidade para 6.500 pasaxeiros
Recala en Galicia na súa viaxe inaugural rumbo a Miami

Comezan os traballos de demolición dun edificio ruinoso da Coruña
08/11/2022 14:59
O Concello xa o declarara en ruína física no 2018

Ian Mackay estará de tres e catro semanas de baixa
07/11/2022 16:34
O porteiro do Deportivo sofre unha escordadura acromioclavicular e unha fractura de apófisis coronoides

Comeza a campaña extractiva da centola na Coruña e Pontevedra
06/11/2022 17:41
En Lugo a centola permanece en veda ata o próximo 27 de novembro incluído
A campaña do boi tamén comeza o luns en todo o litoral de Galicia e estenderase ata o principio da veda do próximo ano

MotorOcasión pon á venda preto de 700 vehículos usados en Expocoruña
06/11/2022 14:25
O sector intenta suavizar a caída das vendas, que en setembro superou o 8%

Pedro, o veciño de Betanzos ao que Tráfico dá por morto, pero que está vivo
06/11/2022 14:05
Cando foi renovar o carné dixéronlle que os seus datos correspóndense cos dunha persoa falecida
Anos atrás, cando renovou o DNI, cambiáronlle o número polo dun home que se chama igual ca el

A Coruña é a cidade española con peores datos de contaminación por partículas
06/11/2022 13:13
A cidade galega tamén é a peor parada na calidade do aire pola Axencia Europea de Medio Ambiente na media de 2020 e 2021, entre as principais cidades de Europa
Entre as de máis de 80.000 habitantes os peores datos en España están en Marbella, A Coruña e Murcia

O complexo hospitalario da Coruña celebra o seu 50 aniversario
05/11/2022 21:24
Os presupostos da Xunta reservan 28 millóns de euros para iniciar a primeira fase das obras do novo hospital

Campaña de recollida de alimentos para enviar a Ucraína
05/11/2022 20:46
A asociación AGA Ucraína continúa enviando camións con axuda humanitaria

Marcha cívica na Coruña para esixir a devolución da Casa Cornide
05/11/2022 14:35
A plataforma Comisión Aberta en Defensa do Común pídelle á Xunta que declare o inmoble ben de interese cultural

Gonzalo Navaza ingresa na RAG como membro de número
05/11/2022 14:30
O escritor e filólogo pronunciou un discurso centrado na toponimia de Lalín

Amparo Alonso (UDC): "A axencia colocaría a Galicia no mapa europeo da IA"
05/11/2022 10:43
A catedrática considera que A Coruña ten moitas posibilidades de albergar a Axencia Estatal de Supervisión de IA

As direccións do PP galego e do PSdeG desautorizan a moción de Sada
05/11/2022 09:00
Consideran que non é o momento porque só faltan seis meses para as eleccións municipais

Rueda compromete máis solo público industrial onde haxa demanda
04/11/2022 21:29
Visitou o inicio das obras da futura fábrica de Hijos de Rivera no polígono industrial de Murás, en Arteixo

PP e PSOE desautorizan a moción de censura no concello de Sada
04/11/2022 21:28
Os concelleiros de ambos partidos uníronse a Alternativa dos Veciños para desbancar o actual alcalde, Benito Portela
Propoñen no seu lugar a voceira de Alternativa, que forma parte do Goberno municipal

Alta sinistralidade en Alfonso Molina, porta de entrada da Coruña
04/11/2022 14:49
A densidade de tráfico e os cambios de carril provocan numerosos accidentes e retencións
As autoridades recomendan respectar a distancia de seguridade e non facer cambios bruscos

Queixas dos veciños do barrio coruñés de Someso polo abandono municipal
04/11/2022 14:21
Denuncian insalubridade, inseguridade e incumprimentos nun distrito discriminado

Científicos da Coruña descobren un novo biomarcador do cancro de colon
04/11/2022 08:56
A bacteria oral Parvimonas micra aparece nos intestinos e nas feces dos pacientes cun carcinoma colorrectal

A Coruña preséntase como a candidata galega para ser a sede da Intelixencia Artificial
03/11/2022 21:52
Será a primeira que haberá na UE para supervisar que as novas tecnoloxías sexan seguras
A Xunta e o concello defenden que A Coruña cumpre con todos os requisitos

Máis de 50 bares e restaurantes da Coruña á procura do mellor petisco no concurso Picadillo
03/11/2022 21:24
Por un prezo de 3,5 euros, poderán degustarse receitas creativas e tamén outras inspiradas no tratado A cociña práctica escrito por Picadillo a principios do século pasado

Un bar de Carballo mantén o prezo do café a un euro dende hai anos
03/11/2022 16:37
Un xesto que non pasa desapercibido para moitos dos seus clientes
Di que o que quere é que se valore a calidade do produto que vende

O porto da Coruña bate marca no tráfico de cruceiros e supera os 200.000 pasaxeiros
02/11/2022 21:37
O porto coruñés pechará o ano con 137 escalas e superará o teito de 2017

Falece unha persoa ao ser atropelada en Vilasantar
02/11/2022 21:14
Os sanitarios nada puideron facer por salvala

Crean unha plataforma para pedir novos e urxentes amarres no peirao en Corcubión
02/11/2022 17:25
Nas últimas semanas varias embarcacións foron á deriva
Busca acelerar a tramitación do proxecto do novo peirao ante as últimas incidencias

Falece un home en Muxía ao bater o seu coche contra un poste da luz
01/11/2022 18:13
O condutor do vehículo morreu no lugar do accidente que se rexistrou na Baiuca

A duna de protección do paseo marítimo da Coruña estará lista esta semana
31/10/2022 20:35
A duna artificial evita que o mar chegue ás rúas no caso de temporal

Dez finalistas disputan o concurso coruñés de escaparatismo de Samaín
31/10/2022 14:12
Optan a cinco premios que oscilan entre os 750 e os 2.500 euros

Ortega ingresará este ano 1.700 millóns de euros polos dividendos de Inditex
30/10/2022 22:35
É un 33 % máis que os beneficios acadados en 2021

Unha muller de 78 anos falece atropelada no concello de Vimianzo
30/10/2022 08:43
A Garda Civil pide concienciación sobre o uso de pezas reflectoras

Morre unha muller de 78 anos nun atropelo en Vimianzo
29/10/2022 22:20
O accidente sucedeu na AC-432 á altura de Ponterroda

A enchente do Xallas devólvelle a bravura á fervenza do Ézaro
29/10/2022 19:50
As intensas chuvias deixan unha imaxe da freixa que cada vez é máis ocasional

Falece unha muller en Caión, A Laracha, ao caer por un desnivel de 9 metros
29/10/2022 15:48
A vítima mortal, de 80 anos, estaba na leira da súa casa e esvarou

Os ríos volven rebordar polas intensas choivas
29/10/2022 14:45
Leitos coma o río Grande en Zas bótase por fóra
Os ríos Tambre, Verdugo e Deva, en vixilancia por perigo de rebordamento, mantéñense nos límites

Cano: "A nosa clasificación é unha ruína respecto á que o Deportivo debe ter"
28/10/2022 15:24
Cano quere máis pegada propia e menos auga atrás