Ian Mackay estará de tres e catro semanas de baixa
O porteiro do Deportivo sofre unha escordadura acromioclavicular e unha fractura de apófisis coronoides
O porteiro branco e azul, indiscutible titular, sufriu un choque nun balón aéreo previo ao 1-2 de Mario Soriano en Alxeciras. No minuto 89′, ao blquear un centro notou unha forte dor no ombreiro e tivo que pedir o cambio.
Este é o parte médico do conxunto coruñés:
A teor das probas médicas realizadas, os Servizos Médicos do R. C. Deportivo, que dirixe o doutor Carlos Lariño, comprobaron que Ian Mackay sofre unha escordadura acromioclavicular e unha fractura de apófises coronoides.
O futbolista coruñés estará uns días en repouso deportivo, con tratamento médico e de fisioterapia.
En función da súa evolución, Ian Mackay pasará posteriormente á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.