A Coruña é a cidade española con peores datos de contaminación por partículas
A cidade galega tamén é a peor parada na calidade do aire pola Axencia Europea de Medio Ambiente na media de 2020 e 2021, entre as principais cidades de Europa
Entre as de máis de 80.000 habitantes os peores datos en España están en Marbella, A Coruña e Murcia
A contaminación por partículas é a que máis mortes prematuras provoca en Europa. E, en contra do que moitos poidan pensar, nin Madrid nin Barcelona son as cidades con peor aire. De feito, hai unha urbe galega encabezando a táboa.
O Observatorio de Sostibilidade indica que as cidades de máis de 80.000 habitantes con peores datos de contaminación por partículas en 2021 eran Marbella, A Coruña e Murcia, por diante de cidades moito máis poboadas.
Na mesma liña, a Axencia Europea de Medio Ambiente publicou un mapa para consultar os niveles de partículas de suspensión nas principais cidades de Europa; A Coruña era a que peor parada saía coa media dos datos de 2020 e 2021.