Cargando resultados...
O complexo hospitalario da Coruña celebra o seu 50 aniversario
Os presupostos da Xunta reservan 28 millóns de euros para iniciar a primeira fase das obras do novo hospital

G24.gal
05/11/2022 21:24
O complexo hospitalario universitario da Coruña celebra os seus primeiros 50 anos de existencia. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sumouse ao acto celebrado esta tarde na cidade.
Alí dixo que os presupostos de 2023 reservan 28 millóns de euros para iniciar a primeira fase das obras do novo CHUAC.
O hospital público da Coruña foi premiado tres anos consecutivos como o mellor hospital de España de alta complexidade. Foi no seu día o primeiro centro sanitario galego en realizar transplantes de órganos.